xoves, 13 de xullo de 2023

ATA SETEMBRO!!!

Imaxe de Bibliotheek Bornem en Pixabay.com
Agora toca descansar, ler pasear...Espremer intensamente un verán que non volverá. Por iso non deixedes escapar ningunha oportunidade de pasalo ben, de aprender e aproveitade ao máximo todo o que a vida vos ofrece. Soa moi profundo pero chámase VIVIR!
Vivide a tope, meus nenos/as,non espero menos de vós!
Déixovos un pequeno agasallo para darvos as grazas. O importante xa o vivimos e o dixemos, iso queda para nós.

BO VERÁN! 
VÉMONOS EN SETEMBRO!

martes, 11 de xullo de 2023

REMATAMOS CURSO.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E como quen non quere a cousa chegou o final do curso; dun que estivo moi ben e foi exitoso para case todxs. (Recordade sempre que querer é poder e como mínimo, hai que intentalo).

venres, 7 de xullo de 2023

SAÍDA DE FIN DE CURSO (2023).

Imaxe de Wolfgang  Eckert en Pixabay.com
Como xa vai sendo hora de coller vacacións, imos ir contando as últimas actividades que fixemos para pechar este curso.