venres, 26 de maio de 2023

VERBOS (II).

Imaxe de Vasiliu Gabriel en Pixabay.com
Como levades o estudo dos verbos? Creo que estes xogos que atopei vos poden axudar  e de seguro que vos gustan.
Xa me contaredes!

xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida na páxina cidadedacultura.gal
Este ano, coma sempre, comezamos a celebración das Letras co inicio do mes. Fixemos fichas, vimos vídeos, falamos... pero imos ir por orde!

luns, 22 de maio de 2023

PLANTAS.

Imaxe de vicznutz en Pixabay.co
Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa. 

sábado, 20 de maio de 2023

VERBOS.

Imaxe de Mahesh Patel en Pixabay.com
Como vos dixen o venres, cólgovos o vídeo con truqiños para aprender os verbos máis facilmente.Pero antes, repasemos as formas simples e compostas.

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida en Primavera das Letras
Chegou o noso día!!! O dos galegos e galegas que amamos á nosa terra, a nosa lingua e a nosa cultura. Aqueles que sentimos orgullo do propio, acollemos o estranxeiro como riqueza e buscamos a dignidade do que outros pretenden erradicar.

xoves, 11 de maio de 2023

RECURSOS LETRAS GALEGAS( 2023).

Imaxe de "A primavera das letras"
Co mes de maio e as xestas chegan sempre as nosas Letras. Veñen cargadiñas de palabras, sentimentos e gañas de celebración. E para levala a cabo non veñen de máis uns recursiños que nos axuden coa tarefa.

domingo, 7 de maio de 2023

CON N DE NAI.

Imaxe de JackieLou DL en Pixabay.com
Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!

luns, 1 de maio de 2023