Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!
Hoxe , 2 de maio, é o Día Mundial contra o Acoso Escolar ou Bullyng e tamén o Día da Nai. Como non quero ensombrecer cun tema tan serio a festa das mamás, deixarei para mañá a entrada do acoso.
Vector de Floral creado por freepik - www.freepik.es
Que día tan especial! Aquel que lle dedicamos ás nosas nais. Esta sí que é unha data merecida e que me gusta celebrar porque, aínda que so teña unha perspectiva, claramente agradezo a labor dunha nai. En concreto, a da miña. Canta sabedoría acumulada, canta paciencia gardada, canto amor incondicional..... Da igual como seamos os fillos, elas ; quérennos igual. Iso non significa que nos pasen todo, que non vexan os nosos defectos ou que calen ante as inxustizas. Están para guiar, para acompañar, para curar..... Tendo un papel tan importante, como non as imos querer?
Chegou o primeiro domingo de maio e con el, a celebración do Día da Nai. Unha data moi axeitada porque ninguén merece máis unha homenaxe que unha nai. Polo seu amor, a súa entrega, a súa protección, o seu apoio, a súa dedicación.... Podería seguir infinitamente enumerando as calidades dunha nai pero, prefiro cedérlle o sitio á música para que exprese o que unha nai é capaz de facer por un fillo/a.
Obtido no canal de Youtube Various Artist- Topic
Gustaríame compartir con vós estupendas lecturas sobre mamás de conto que nos ofrece a Editorial Santillana. A ver se xa lestes algún!
Obtido no Facebook de Loqueleo Santillana
Pechamos a entrada con dúas cousiñas: unha definición de nai de MrWonderful e unha viñeta do xenial Luis Davila, que fai referencia á cantiga de máis arriba.
Cada primeiro domingo de maio celebramos o día das mamás. Creo que se merecen esa data especial pero que todos os días son seus. Ninguén te coida , te mima, te guía e te quere como unha mamá. Na nosa sociedade aínda quedan moitas cousas por cambiar e necesitan evolución; non vaiamos nunca contra as bases. O amor de nai é único. O amor de pai tamén. Todos teñen cabida e son necesarios.
Para que vexades como recoñecen os nenos/as as súas mamis, déixovos este vídeo.
Se estamos neste mundo é porque unha nai nos trouxo a el; a nosa. Seguro que temos moito que agradecerlle, por iso hai un día para elas. Pero... elas só nos coidan un día? Só se preocupan por nós nunha data determinada? Só nos queren en domingo? Como de seguro xa tedes a resposta estaredes de acordo comigo en que necesitan un recoñecemento diario, un agradecemento merecido e un amor infinito.
Con esta preciosa curta, que nos invita á reflexión, e o enlace ahomenaxes pasadas, vai o meu máis profundo agradecemento a mellor mamá do mundo, a miña.
Non creo que precisemos un día especial para recoñecer o que diariamente fan as nosas mamás por nós pero , por se non llo valoramos o suficiente (que pode pasar),hoxe darémoslle as GRAZAS con maiúscula.
Primeiro, cunha poesía preciosa sobre unha estrela.
O amor dunha nai non é comparable a nada, nin cuantificable, nin se pode medir. Por iso, tampouco as palabras son suficientes para agradecerlles todo o que fan por nós. Con este vídeo, un agradecemento que sabe a pouco pero cheo de recoñecemento.
No espazo Mundo Primaria aparecen 9 películas que teñan como protagonistas ás nais.
Preme na imaxe para acceder.
En El blog de Manu Velascotamén atoparedes cinco vídeos que falan de todo aquilo que nos aportan e nos dan as nais.
Para celebrar este día tan especial, quero deixarvos un pouco de humor. O sorriso é un dos mellores agasallos para o espíritu.
FELIZ DÍA A TODAS!!!!
En especial á miña , que me aguanta e me soporta incondicionalmente; que me ensina e me reprende coma se fose pequena e que , sobre todo, me quere e me protexe.