Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2024-2025. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de xullo de 2025

REMATANDO UN CURSO(II).

Imaxe obtida na páxina de Colegio San Pelayo de Ermua
E como non podía ser doutro xeito, o curso rematou. Foi unha intensa xornada  organizada por Chafarís onde desfrutamos dunha mañá chea de diversión, xogos de mesa e unha boa merendola nas aulas. Un xeito perfecto de despedirnos antes das vacacións de verán!

luns, 30 de xuño de 2025

REMATANDO UN CURSO.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
Nos últimos días deste curso coñecimos aos gañadores/as do IV concurso de Carteis da Festa Cachafeiro Freixeira.  Todo o alumnado gañador deste concurso resultou ser do noso centro, concretamente da aula de 2º de Educación Primaria! 

domingo, 29 de xuño de 2025

SEMANA DE FESTA.

Cartel da festa de aniversario
Este mes de xuño, a nosa escola viviu momentos moi especiais durante a semana de celebración do 50 aniversario do centro. Para conmemorar medio século de historia, organizamos unha serie de actividades que puxeron en valor a cultura, a tradición e o amor pola lectura. Un dos momentos máis emocionantes foi a visita de dous grandes referentes da literatura infantil en galego: Celso F Sanmartín e Ana Meilán.

sábado, 28 de xuño de 2025

SEMANA VERDE.

Logo da Feira
Que día tan especial tivemos o 6 de xuño! Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria visitamos a Feira da Semana Verde de Silleda, unha experiencia inesquecible chea de aprendizaxe, diversión e descubrimentos.

venres, 27 de xuño de 2025

PROGRAMA XOGADE.

Logo do programa Xogade
O pasado mércores 4 de xuño celebramos unha xornada moi especial e divertida no pavillón do colexio de Carballedo.

mércores, 11 de xuño de 2025

TOCA A PANDEIRETA, SANÍN!

Imaxe dunha pandeireta de Sanín Percusión
A nosa celebración das Letras Galegas continuou o martes 14 de maio cando recibimos no colexio a José Manuel Salvado Sanín, coñecido como José Sanín, un verdadeiro mestre artesán de pandeiretas e instrumentos de percusión.

venres, 6 de xuño de 2025

A NOSA CELEBRACIÓN DAS LETRAS.

Imaxe atopada en ALI Juguetes
O martes 13 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas cunha xornada moi especial chea de música, libros e emocións. Este ano tivemos a sorte de recibir a visita de Icía Varela, que nos presentou o libro "Cantareiras", escrito xunto ao seu pai, Xosé Manuel Varela.

sábado, 31 de maio de 2025

NA GRANXA DE.... FERVENZAVENTURA!!!

Imaxe de Fervenzaventura en Abades

Hoxe imos falar de como comezamos o mes e maio.Vivimos unha aventura moi divertida toda a cativada do centro: fixemos unha saída a Fervanventura en Abades. Foi un día cheo de emocións, risas e novas experiencias.

domingo, 25 de maio de 2025

III EDICIÓN DE AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(III).

Imaxe de grmarc en Freepick.es
Para pechar o noso ciclo de lecturas, vouvos a compartir as fotos dos últimos lectores que pasaron pola nosa aula para deleitarnos cunha chea de historias que nos deixaron con moi bo sabor de boca e con gañas de máis.

sábado, 17 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Ilustración de Luis Davila e montaxe realizada con Canva.com

Xa está aquí o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, e este ano 2025 é moi especial, porque por primeira vez se lle dedica esta celebración ás mulleres cantareiras, esas mulleres que coidaron e cantaron as nosas cancións tradicionais de xeración en xeración. 

luns, 12 de maio de 2025

III EDICIÓN DE AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(II).

Imaxe de grmarc en Freepick.es
Durante o mes de abril e parte de maio estivemos recibindo na nosa aula ás familias para escoitalos na lectura de contos tradicionais, outros novos e algúns inventados.Hai contos, historias populares, libros de aventuras, poesía… todo vale se serve para espertar a imaxinación e o gusto pola lectura!

domingo, 4 de maio de 2025

N.A.I: NACEMENTO DO AMOR INCONDICIONAL.

Imaxe de Descubrir Galicia.
O Día da Nai é un día moi especial para celebrar ás nais e agradecerlles todo o que fan por nós. É un día para demostrarlles o noso amor e cariño. 

martes, 29 de abril de 2025

CONDUCINDO COA IMAXINACIÓN.

Imaxe de Lean2Succes en Pixabay.com

O 10 de abril , oa nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria, vivimos unha experiencia incrible na biblioteca: construímos e programamos un coche de carreiras con LEGO!

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Imaxe de wiwid wijayanto en Pizabay.com

Hoxe é un día moi especial… é o Día do Libro e do Dereito de Autor! Sabes por que é tan importante? Porque os libros son como portas máxicas que nos levan a mundos cheos de aventuras, soños e aprendizaxes.

luns, 21 de abril de 2025

III EDICIÓN DE AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Imaxe creada con IA
Este mes estamos celebrando a 3ª edición de “As familias tamén contan”, unha labor moi especial na que os vosos familiares veñen ao cole a compartir con nós un momento máxico: a hora de ler.

martes, 15 de abril de 2025

SAÍDA A VIGO.

Imaxe da representación
A finais do mes pasado fomos ata Vigo para asistir ao musical "La Bella y la Bestia". Había varios coles e un pouco de "caos" para entrar pero, unha vez acomodados/as, puidemos gozar do espectáculo prometido.

xoves, 10 de abril de 2025

ESPAZO.

Imaxe obtida en Pizabay.com
Saco un oquiño para facer o que vos prometín. Neste blogue hai moitas entradas sobre o Sistema Solar nas que poderedes gozar da información, vídeos e xogos que se comparten. Tamén recadar a información necesaria para elaborar os vosos traballos sobre os planetas.

domingo, 30 de marzo de 2025

venres, 21 de marzo de 2025

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN (2025).

Imaxe da ONG Yo sí que sé
Hoxe, Día Mundial da Poesía, Día Mundial dos Bosques e recén estreada a primavera, tamén conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down. Esta data, que se celebra dende o 2006, foi recoñecida pola Organización das Nacións Unidas en 2011.

mércores, 19 de marzo de 2025

DÍA DO PAI (2025).

Imaxe obtida no blog.sarafarinha.com
Hoxe é un día especial. Como o son todos cando temos un papá. Non credes?