Para pechar o noso ciclo de lecturas, vouvos a compartir as fotos dos últimos lectores que pasaron pola nosa aula para deleitarnos cunha chea de historias que nos deixaron con moi bo sabor de boca e con gañas de máis.
Durante o mes de abril e parte de maio estivemos recibindo na nosa aula ás familias para escoitalos na lectura de contos tradicionais, outros novos e algúns inventados.Hai contos, historias populares, libros de aventuras, poesía… todo vale se serve para espertar a imaxinación e o gusto pola lectura!
Este mes estamos celebrando a 3ª edición de “As familias tamén contan”, unha labor moi especial na que os vosos familiares veñen ao cole a compartir con nós un momento máxico: a hora de ler.