Imaxe creada con IA
Este mes estamos celebrando a 3ª edición de “As familias tamén contan”, unha labor moi especial na que os vosos familiares veñen ao cole a compartir con nós un momento máxico: a hora de ler.
Durante este mes, pais, nais, avoas, avós, irmáns maiores e outros membros das familias poden coller un conto e… contárnolo á clase con moito agarimo, ilusión e un chisquiño de maxia.
Esta é unha actividade que nos encanta porque sempre nos traen aventuras divertidas, en ocasións descubrimos libros novos e gústanos estar ao lado de que quen ven a contar.
Ademais, compartimos un momento de lectura todos xuntos, como unha gran familia lectora.
Esta idea fai que todos e todas descubramos que ler é algo que se pode gozar en familia, tanto na casa como no cole.
Aquí tedes as fotos de varios días marabillosos.
Ola son Rosalía grazas por colgar fotos das actividades que facemos
ResponderEliminarGrazas a ti, Rosalía, por pasarte e comentar.
EliminarUn saudiño.