Xa chegou o bo tempo e con el, as gañas de estar fóra. Coma todos os martes temos quenda na nosa biblio pero este foi especial. Ollade a sorpresa que nos agardaba cando chegamos a ela!
Hoxe é o Día D!!!! E onte, e mañá, e pasado... Será por tempo para falar na nosa lingua.
Para celebrar a data compártovos o novo de Uxía Lambona e a Banda Molona; Máis galego. Síntome totalmente identificada con esta letra e penso que Celso Emilio se sorprendería gratamente.
Atopada no canal de Youtube de Uxía Lambona e a Banda Molona
Chegou o maio, florido e fermoso e con el, aromas das letras, ecos de poesía e chorimas do mes das flores.Con todo isto homenaxeamos a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o autor escollido esta ano como representante das nosas Letras.
Se premedes na imaxe, accederedes a compilación de recursos deste ano. Espero que vos sirvan!
Estamos na primavera e todo se enche de flores. Estas atraen a moitos insectos, entre eles , ás abellas. Pois diso foi a charla que nos veu dar Nico,a finais de marzo. Este viña dende Apípolis, un Centro para a Comprensión entre os seres humanos e as abellas.
Este ano, para o 8 de marzo , traballamos cun fantástico material creado por amestraCris. No seu blogue poderedes atopar uns materiais estupendos e gratuítos en galego. Moitas grazas polo marabilloso traballo que fas!
Hoxe compártovos as crónicas de Entroido que realizaron os nenos e nenas de terceiro. Quedaron un pouco rezagadas pero o importente é que chegaron. Aí vos van!
Nun día comemorativo por excelencia pero igual que outro calquera para reinvindicar a igualdade entre os xéneros, veño a dicirvos que seguimos na loita. Na clase de 3º somos tod@s persoas e, polo tanto, temos os mesmos dereitos e deberes. Sen aspaventos; con accións!!!
O 11 de febreiro festexamos a presenza das mulleres e as nenas na Ciencia. Pero durante toda esa semana, na biblioteca, realizáronse actividades de alfabetización informacional para 3º, 4º e 5º de primaria.
Hoxe é un dos días grandes da nosa terra, da nosa cultura e do noso sentir. Celebramos o Día de Rosalía, nun 23 de febreiro, que se consolidou como a verdadeira data do seu nacemento.
Hoxe é un deses días que compre festexar porque aínda queda moito camiño para chegar a unha igualdade no mundo da ciencia e, por iso, debemos facer visible esta realidade.
Imaxe obtida na páxina de Facebook de Asociación Caminar
Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No cole, xa o celebramos durante a semana pasada pero como hoxe é o día propio, pois celebración outra vez.
Instalados de cheo na estación invernal, quizais sexa un bo momento, para facer recollida de materiais propios deste tempo. Aquí vos deixo algunhas suxestións:
Hoxe tócalle o turno aos animais. Falaremos da súas funcións vitais e dos grupos nos que podemos dividir aos animais invertebrados. Noutra entrada, tocaralle aos vertebrados.
Pensarían algunha vez estes mozos de Liverpool que sesenta anos despois de iniciar a súa andaina, a súa música se escoitaría en todo o planeta? Dez anos de actividade, carreiras en solitario, dous membros no máis alá e milleiros de persoas en todo o mundo aínda tarareamos as súas cancións. Que marabilloso poder ten a música de facer inmortais aos xenios!!!
Chegou o momento de voltar cos vídeos de Ciencias que nos serven para repasar e aumentar os nosos coñecementos. Xa sabedes que están en castelán e nós estudamos en galego; polo tanto debemos traducir os conceptos para denominalos correctamente. Comezamos!!!
Este ano fixemos unha manualidade de Nadal moi sinxeliña e, ademais, cun uso variado. A miña idea ía cara unha bomboneira pero houbo quen lle viu posibilidades como lapiseiro ou como base para unha candea. Cada quen pode darlle usalo como prefira.
Que tal se portaron os Reis?Atinaron cos agasallos? Espero que esteades tan contentos/as como o estou eu co recibido. Porque, ás veces, non se trata do material, do grandioso ou do máis caro. Importan as intencións, as gañas e os pequenos detalles. Ogallá abunden este ano que acabamos de empezar!
Montaxe sobre imaxe de Larisa Koshkina (Pixabay.com) realizada en PiZap
Xa estamos nun novo ano e debemos comezalo con gañas renovadas. Que nos deparará? Non o sabemos pero iso non será impedimento para que vistamos o noso mellor sorriso e empecemos esta incerta andaina. Vexamos logo que conmemoracións nos esperan.