luns, 11 de xullo de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO(II)

Imaxe de blende12 en Pixabay.com
O cole rematou o día 2 coa entrega de notas e festa nas aulas. Foi unha xornada chea de emocións con sorpresas e agasallos varios.
É unha mágoa pero da festa non temos fotos porque xa o di o dito: "Non se pode repenicar e ir na procesión". Polo tanto dicirvos que estivo xenial porque contou con todo o que pediramos nos días anteriores. Despois unha sorpresiña!
Como estiveramos lendo "Diez piratas " de Gloria Sánchez e nos gustou moito, a profe trouxonos unhas bolsas-pirata personalizadas para cada un de nós. Ollade que guapos/as quedamos cos accesorios!!!
Montaxe realizada con Pizap.com
Tras desfrutar dun longo recreo, fixemos unha visita á biblioteca para recibir a cuncha que acreditaba que remataramos a Compostela  de lecturas. E alí, aínda nos agardaba outra sorpresa: os premios para os mellores lectores da aula. Recibiron o agasallo aqueles alumnos/as que leron máis libros completando correctamente as súas correspondentes fichas. Parabéns aos gañadores!!!

2 comentarios: