venres, 8 de xullo de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO.

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
Rematou un curso longo e intenso que foi terceiro. Puxémoslle punto e final  en  dous días agotadores. De traballo? Noooonnn!!! De festa!!!
Comezamos o día 21 cunha xuntanza no pavillón de todo o cole para gozar de colchonetas e inchables. Aínda que a convocatoria ía ser ao aire libre, a chuvia de xuño, obrigounos a poñernos á cuberto.
Como requisitos únicos estaban o respecto e o non mancarse e, a partires daí , só había que divertirse. Colchonetas de varios tipos: con circuitos, para saltar, varredora..., tiro á portería, cars, maquillaxe facial ( a cargo da teacher), chapas e creación de abalorios foron as actividades que ocuparon a nosa mañá.
Con tanto xogo tivemos que repoñer forzas e tomamos unha merenda composta por deliciosos plátanos e un rico zume de laranxa, que se encargou de facer a profe Vane. Recuperados/as de tanto esforzo tivemos que voltar á carga e bailar con Priscila dance.
Montaxes realizadas con Pizap.com
Noutra entrada, o último día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario