Imaxe obtida en Pixabay.com
No mes científico por excelencia, non podiamos deixar pasar a ocasión sen falar de Ciencia. Aquí, en Galicia, comezou a súa celebración o día 8 deste mes e o CSIC( Consello Superior de Investigacións Científicas) desenvolve unha serie de iniciativas para a súa divulgación. No
Galicia 24 Horas poderedes atopar un artigo con algunhas delas.
En Madrid tamén hai unha ampla oferta de actividades. Mirádeo na seguinte páxina.
En
Sapos y princesas hai unha compilación de 20 libros para que os nenos/as comecen a amar e interesarse pola ciencia e a tecnoloxía. Resultan moi apetecibles!
Non podo rematar esta entrada sen mencionar a recentemente falecida, Margarita Salas Falgueras, unha das figuras científicas imprescindibles da nosa ciencia. Se clicades na súa imaxe accederedes a súa biografía.
FELIZ MES!!!