Imaxe de Lena Helfinger retocada en Canva
O mes de novembro foi un mes completiño, xa que non só fixemos ciencia, houbo máis actividades.
O día 18 recibimos a visita do clarinetista e director da banda de Forcarei, Saúl Liñares, que ademais foi alumno do noso cole. Realizamos con el unha charla coloquio ben interesante.
Montaxe realizada co Pizp.com
O martes 19 recibimos no
patio a foodtruck de “Galicia sabe amar” que nos ofreceu saborosos
bocados elaborados con produtos do mar: croquetas de polbo e bocadiños de choco. Ummmm, deliciosos!!
Se queres obter máis información sobre o tema, preme na imaxe.
Aínda non rematamos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario