Amosando publicacións coa etiqueta Ed. Resp. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ed. Resp. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xuño de 2022

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2021-2022) (III).

Imaxe do noso traballo
Para rematar o noso terceiro ano de Educación Responsable amosámosvos que fixemos cando terminamos a lectura do conto.

xoves, 26 de maio de 2022

sábado, 21 de maio de 2022

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2021-2022)

Logo
Pois como non hai dous sen tres, aquí vos presentamos o traballado este ano en Educación Responsable.

xoves, 27 de maio de 2021

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2020-2021) (IV)

Logo
Aínda que rematamos de contar a nosa actividade deste curso de Educación Responsable, quedaran unhas cousiñas que fixemos sen ensinar. Este pode ser un bo momento; parécevos?

sábado, 22 de maio de 2021

EDUCACIÓN RESPONSABLE (2020-2021) (III)

Imaxe do noso traballo
Chegamos hoxe ao final do noso periplo por "¿A qué sabe la luna?". Unha vez rematada a lectura do libro tocou facer memoria.

sábado, 8 de maio de 2021

mércores, 21 de abril de 2021

EDUCACIÓN RESPONSABLE( 2020-2021)

Logo
Recordades o Programa de Educación Responsable que comezamos o ano pasado? Pois xa estamos no segundo ano!!! Se vos apetece recordar en que consiste e que foi o que fixemos premede aquí .

sábado, 11 de xaneiro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE (IV).

Toca contar como rematamos o noso proxecto de Educación Responsable. Cando rematamos de ler o libro, que  nos gustou un montón, fixemos un par de xogos para quedar con bo sabor de boca.
Aquí volos ensinamos!
Montaxes realizadas con PiZap
Gustaríame darlle as grazas á miña tirora, Beatriz Castro Suárez, pola súa atención e asesoramento. Foi de moita axuda!!

domingo, 5 de xaneiro de 2020

EDUCACIÓN RESPONSABLE (III).

Na segunda parte do proxecto de Educación Responsable, metémonos de cheo na lectura do libro "Un bicho raro". Fomos facéndoo de maneira progresiva, en varias sesións, alternando algunhas actividades que se nos propoñían. Explícovolo como na entrada anterior.
Montaxes realizadas con Pizap

xoves, 19 de decembro de 2019

EDUCACIÓN RESPONSABLE (II).

Preme sobre a imaxe para ter máis información
A primeira parte deste proxecto de Educación responsable da Fundación Botín, consistía en facer unhas actividades de preparación antes de ler o conto escollido. Para non ter que volver a escribilo, mostrareivos o traballo que fixen para o curso.
Fixádevos que bos espellos somos.
Así xogamos ao abrazo do bicho raro.
E intentamos adiviñar que había dentro daquel ovo misterioso.
Montaxes realizadas con Pizap
Na próxima entrega, a lectura do libro.

venres, 29 de novembro de 2019

EDUCACIÓN RESPONSABLE.

Logo
Este curso comezamos no noso cole o Programa de Educación Responsable da Fundación Botín. Este programa ten como obxectivo "favorecer o crecemento físico, emocional, social e creativo do alumnado, promover a comunicación e favorecer a convivencia nos centro escolares implicando a docentes, alumnado e familias".
Para ter máis información, clica na imaxe.
O percorrido desta experiencia é, en principio, de tres anos. Nós estamos no primeiro, en cueiros, coma quen di. Todo o cole participa, existindo varios apartados interesantes: Bancos de Herramientas audiovisuales, Lectura y emociones, Lecturas, emociones y creatividad , El coro de las emociones y Reflejarte. Cada unha estas tarefas  realizaranse en diferentes momentos do curso e serán levadas a cabo polos distintos titores responsables delas.
Eu realizarei "Lecturas, emociones y creatividad" cos meus amores de 1º. A nosa  misión consiste en escoller un libro dos propostos pola Fundación e realizar unha serie de actividades antes, durante e despois da súa lectura. Foi unha labor ardua seleccionar un título e máis aínda atopar o conto en cuestión pero xa o temos.
Preparádevos para gozar con... Un bicho raro.
Permanecede atentos!!!