Amosando publicacións coa etiqueta Recurso LG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recurso LG. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2026

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2026.

Ilustración de Nuria Díaz para o álbum ilustrado 'Os fíos de Begoña',Xerais 
Este ano 2026, volve a sentirse a forza das mulleres, a través da figura da homenaxeada nas Letras Galegas. Ela é Begoña Caamaño, referente das ondas e activista comprometida. Lévanos da súa man á loita feminista, á reivindicación da xustiza social e a unha igualdade desexada pola que batallou con afouteza. Voz das silenciadas,reinterpretou mitos e lendas, quedando truncada a súa tarefa, pola súa pronta desaparición. Non  deixemos caer no esquecemento o conseguido porm ulleres coma ela e sigamos a súa estela rendéndolle sentido homenaxe.

martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA DA LINGUA MATERNA (2023).

Imaxe da Editorial GALAXIA
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio.

mércores, 19 de outubro de 2022

LINGUA GUAPA.

Logo de RAG
Recén saída do forno está a película que acaba de presentar a Real Academia Galega baixo o título "A orixe da nosa lingua guapa".

domingo, 9 de xaneiro de 2022

RECEITARIO DE NADAL.

Imaxe de Satheesh Sankaran en Pixabay.com
Antes de comezar o cole, que vos parece se lle botamos un ollo ao voso receitario de Nadal?

sábado, 23 de xaneiro de 2021

AGASALLOS E PROPÓSITOS 2021.

Imaxe de Gerd Altmann para Pixabay.com
Xa volvemos ás clases fai quince días pero aínda non mostraramos o que nos trouxeron os Reis Magos e Papá Noel nin os propósitos que nos fixemos para este novo ano. Velaquí está!!!

martes, 7 de maio de 2019

RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS 2019.

Imaxe obtida no Portal da Lingua Galega.
Coma todos anos, cando comeza o mes de maio, vislumbramos flores e letras a esgalla. Rodéannos todo o ano pero fánnos vibrar máis intensamente neste mes. Esta vez o homenaxesado na data é o profesor e escritor (entre outras actividades) Antón Fraguas Fraguas, traballador incansable na difusión da nosa Lingua e Cultura populares.
Déixovos uns recursos  para traballar ao persoeiro:
- No Portal da Lingua Galega ofrécennos unha biografía e algunha cousiña máis.
- O noso sempre mencionado Seminario Galán, ten actividades para descargar e en liña.
-Na páxina,  A Primavera das Letras, os debuxos e fichas son moi chusquiños.
- O Portal Galego de Educación tamén aporta  a esta causa.
- Dende o OZOCOgz agasállannos cunhas carautas do autor Antón Fraguas. (Eu vinas no muro dos Mestres de Galicia en Facebook publicadas pola compañeira Muiñeira de Carrás. Graciñas!!)
  
- Nunca esquezades os recursos doutros anos, pode haber algo que vos interese.
FELICES LETRAS!!

venres, 6 de xullo de 2018

POESÍA NO AR.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Con motivodas Letras Galegas traballamos a figura de Mª Victoria Moreno e coñecemos algo das súas obras. Inspirándonos nela creamos estas pequenas poesías.
Tamén fixemos na aula un obradoiro de  creación poética. Escollemos un tema entre todos; a primavera. Despois, buscamos palabras relacionadas co tema e fomos buscando algunhas rimas. Por grupos reducidos, creamos unha estrofa. Tras a posta en común, escollemos o título por votación entre varias das súas propostas.
Este foi o resultado. Todos escribiron o mesmo poema pero interpretárono de maneiras diferentes.
A ver se vos gusta!!!

sábado, 24 de febreiro de 2018

A NOSA ROSALÍA.

Imaxe de Luz Beloso.
Hoxe ,24 de febreiro, celebramos á nosa querida Rosalía de Castro.Cada vez ten máis repercusión a data que conmemora o seu nacemento e non é para menos. Muller intrépida, que escribiu en galego, foi estandarte da nosa Lingua; esa que está en horas incertas. A nosa aula, compartiu unha fermosa iniciativa cos picariños de 3 e 4 anos, para ensalzar a figura da autora.
Implicamos ás familias dos nosos alumnos/as para facer un recitado familiar do poema "Alborada". Este foi o resultado. Espero que o gocedes tanto, como nós a súa realización.
Premede aquí, para acceder  a entradas anteriores.
Premede sobre a imaxe para ver o recitado.
Grazas aos picariños. á profe Vane, ao perellos de primeiro, a Josele (que non teño o pracer de coñecer), ás familias e a todos aqueles que fixestes posible este proxecto. Rosalía estaría orgullosa; eu estou,  namorada do resultado.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 14 de xaneiro de 2018

AGASALLOS E PROPÓSITOS.

Imaxe atopada en Pixabay.com.
Os nenos/as pasaron unhas vacacións estupendas e recibiron moitos agasallos. Fixemos unha fichiña para contar algúns deses presentes  e tamén os propósitos que  tiñan para o vindeiro 2018. Este foi o resultado.
More presentations from Anabel
Se non podes velo, preme aquí.

mércores, 17 de maio de 2017

O NOSO DÍA.

Imaxe atopada na rede.
Vivo permanentemente namorada da miña Lingua porque nela falo, rio,choro, soño e sempre vivo. Con ela camiño e acompaño,leo e ensino, ás veces, tropezo. Por iso a celebro todos os días,pero hoxe de maneira especial; que non se diga!!!
Deixovos unha biografía, realizada polos alumnos/as de 5º do colexio San Pío X de Ourense, do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares Mouriño.
Obtido no canal de Youtube  do Colexio S. Pío X  Ourense.
Tamén o acceso á Primavera das Letras no que atoparedes  actividades, fichas e recursos diversos.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

xoves, 15 de decembro de 2016

O OUTONO VAI REMATANDO.

Imaxe atopada na rede.
Antes de que remate o outono e teñamos que darlle a benvida ao tempo xélido e glacial que caracteriza ao inverno, quero compartirvos esta selección de poesías que recolleron os nenos e nenas de 2º. Algunhas teñen o nome do autor, outras, copiáronas de internet e non atoparon quen as escribira. Tede paciencia, estamos empezando!!!

sábado, 15 de outubro de 2016

BENVIDO, PAPAGAIO.

Portada.

Extra, extra!!!
Acaba de nacer un novo xornal, chamado o "O Papagaio"!!!!
A noticia saltou polo mes de abril pero agora digamos que xa é "máis oficial".
Está especialmente dirixida a vós, aos nenos/as de primaria e secundaria, e préstalle particular atención á  tecnoloxía, ciencia, ecoloxía, cultura, arte, historia, integración e banda deseñada. Ten carácter mensual (con descanso de verán) e está escrito íntegramente en galego.
Para máis información premede no enlace de Praza Pública.
Aquí tendes o seu vídeo promocional.
Obtido no canal de Youtube de Abraham Carreiro Fernández.
Para ler o primeiro número premede na imaxe da portada.

luns, 9 de maio de 2016

RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS.

Imaxe atopada na rede.

Co mes de maio empezan a agromar as flores e celebramos a chegada da primavera na festa dos maios. É neste mes cando máis se senten as nosas letras, aínda que nós somos de todo ano ; e falamos a nosa lingua porque si, porque nos gosta , porque queremos e nos da a gaña. Verdade, Celso Emilio?
Este ano dedícanselle as Letras Galegas ao escritor, poeta e dramaturgo Manual María, que nos ten a todos engaiolados coa súa obra.
Déixovos uns  recursos para traballar o autor e a súa obra (premede na imaxe).
IMOS QUENTANDO MOTORES!!!

mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA GRANDE.

Imaxes de Rosalía creadas polas artistas Aurora Cascudo,Uqui Permui, Aladara Prado e Paula Mayor.

Xa chegou o día!!!! E fixemos unha pequena e preciosa homenaxe no cole,  que vos presentaremos en breve.
Dende a nosa biblioteca ofrecémosvos a canción "Rosalía pequeniña", do libro-disco do mesmo nome, que editou Galaxia na colección Sonárbore en 2013. Está ilustrado marabillosamente por Marina Seoane e cantado por unha serea que se chama Uxía.
Sobre esta cantiga fixemos  ilustracións de estrofas e recitado da mesma. Ao final, cantámola entre todos/as. Participaron varios cursos, entre eles primeiro, pero a profe sólo o celebrou, porque estivo un pouco pachucha. Graciñas por deixarme participar!!!
Aquí tamén aparece un estupendo LIM para coñecer mellor á nosa autora.

E para rematar, aí vai a miña humilde homenaxe  a Rosalía que sae  da pluma e o papel. Que vos guste!!!
Montaxe realizada con PiZap.

martes, 23 de febreiro de 2016

ESPERANDO A ROSALÍA.

Imaxe do cartaz do Concello de Silleda para  o Día de Rosalía.

Mañá será un día moi especial para as nosas Letras, porque celebraremos o 179 aniversario do nacemento  dunha das nosas escritoras máis senlleiras. 
Rosalía de Castro nacía un 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e viña ao mundo para levar o idioma galego ao recoñecemento mundial. Se queredes traballar este día , aquí vos deixo algunha das moitas opcións que hai:

-No blogue colectivo Actividades LIM aparecen recursos sobre a autora.
- Na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e dinamización Lingüística atoparedes cousiñas de interese.
-En Hablandodetodounmucho hai moi bo material.Premede sobre o enlace.
-Tamén podedes botarlles un ollo ás entradas de anos anteriores. Premede aquí.
-Utilizando de base esta fantástica presentación de Educa Barrié, creei un par de brincaletras sobre Rosalía. Teñen as mesmas preguntas pero para os máis cativos teñen a opción de escoller e para os maoires hai que escribir.

Este para os máis pequenos.

Este para os máis grandiños.

venres, 15 de xaneiro de 2016

DIGALEGO.

Preme na foto para acceder.

O pasado luns, día 11 de xaneiro, presentouse DIGALEGO, o novo dicionario en liña na nosa lingua con máis de 65.000 entradas. Según o Secretario Xeral  de Política Lingüística, Valentín García Gómez , a  iniciativa materializouse grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.
Aparte de todos os vocablos que contén poderedes conxugar os verbos e tamén consultar todas esas palabriñas que utilizamos pero que non son correctas (castelanismos, vulgarismos, estranxeirismos....)
Como me parece moi útil, deixaréivolo na columna lateral dereita onde aparecen as Páxinas para saber máis.
Espero lle saquedes moito partido!!!

domingo, 1 de marzo de 2015

ETERNA ROSALÍA

Como xa anunciei no día da nosa poetisa por excelencia, celebramos o seu aniversario por todo o alto. Traballamos arreo durante unha semana para facer un mini proxecto colaborativo cos  Picariños da profe Vane.
Comezamos na clase de 4º estudando a biografía da autora e creando, en conxunto, unha poesía sobre sobre a mesma . Mentres nós  escribiamos e gravabamos as voces, en Infantil,producíase unha "eclosión creativa" sen precedentes e que deixou a máis dunha  ( por exemplo, unha servidora) gratamente sorprendida.Coas marabillosas ilustracións dos peques e coa nosa humilde poesía, fixemos un libro biográfico en verso.
Aquí o deixo en forma de presentación , con imaxes e voces, envolto polo tema "Tick Tock (intrumental version) de Josh Woodward.
Grazas, profe Vane, por esta presentación tan coidada e exquisita.
Se premedes aquí, poderedes ver a homenaxe que lle fixemos o ano pasado a Rosalía. Non se trata de comparar senon de sumar.

martes, 24 de febreiro de 2015

SEMPRE ROSALÍA.

Caricatura de Rosalía por Mario Rodríguez

Como cada 24 de febreiro queremos celebrar que viñese ao mundo nesta data unha creadora de versos, unha feiteceira da palabra que honrou a súa Lingua (a nosa ) escribindo nela e converténdose en referente literario e poético dunha época. A súa obra é coñecida no mundo enteiro e foi traducida a varios idiomas. Tamén foi musicada. Sirvan como homenaxe todas estas manifestacións musicais baseadas na obra da autora.


Curiosa mezcla de Rosalía e Amy Winehouse da artista Elisa.

Pero isto non remata aqui, non, porque celebramos o día por todo o alto e temos probas diso. Permanecede atentos se queredes saber máis. Aí vos quedan unhas pistas!!!



martes, 16 de decembro de 2014

ANTES DE QUE CHEGUE O INVERNO.

Veredes; pensei en facer  un divertido Brincaletras para repasar o vocabulario de outono e pasalo ben aprendendo; e así o fixen (bueno xa xulgaredes vós se aprendedes e  resulta divertido).
O problema veu cando quixen publicalo para que o virades todos. Foi unha gran odisea!!!
Molestei a amiga Ana Martínez para preguntarlle, á profe Vane, que a súa vez falou con Belén Junquera, consultei coa teacher María..... e por fin, grazas a todas, aquí está a obra rematada.
Está publicado grazas a que Belén Junquera subiu  o traballo ao seu dropbox, porque o meu (ao ser recente non ten carpeta pública e para creala teño que pagar).Cóntovos isto porque dín tantas voltas que necesito dicírvolo!!!
De todas maneiras se alguén se lle ocorre como solucionar esto, dicídemo por favor, porque pode existir unha maneira e eu non a coñezo. Grazas.

mércores, 26 de marzo de 2014

ENTREVÍSTOTE?

Hai uns días falamos da Semana da Prensa e das actividades que fomos realizando  para tal celebración (aínda están sen subir pero todo  se andará).Tamén comentamos que íamos a converternos en ávidos entrevistadores e na tarefa estamos. Aquí vos deixo unha pequena guía (do que xa falamos en clase) para axudarvos a preparar a vosa entrevista.
Por se é do interese dalguén colgo o cuestionario que uilizamos para axudarnos a elexir a persoa que queremos entrevistar.