Amosando publicacións coa etiqueta Información. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Información. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2025

VAI UNHA DE ANIMAIS(III).

Imaxe creada con Fotor
Esta é a ultima remesa de animais para os voso traballos.

VAI UNHA DE ANIMAIS(II).

Imaxe creada con Artguru
Seguimos con máis animaliños para os traballos.

VAI UNHA DE ANIMAIS.

Imaxe de NicOleta en Pixabay.com
Como xa falamos en clase, aquí van os enlaces a National Geographic para que busquedes as curiosidades do voso animal(só tedes que premer na imaxe). Recordade que tedes o modelo no libro de Lingua castelá; debedes de copiar as curiosidades e facerlle unha portada. Recollerei o traballo o luns 20.

venres, 15 de xaneiro de 2016

DIGALEGO.

Preme na foto para acceder.

O pasado luns, día 11 de xaneiro, presentouse DIGALEGO, o novo dicionario en liña na nosa lingua con máis de 65.000 entradas. Según o Secretario Xeral  de Política Lingüística, Valentín García Gómez , a  iniciativa materializouse grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.
Aparte de todos os vocablos que contén poderedes conxugar os verbos e tamén consultar todas esas palabriñas que utilizamos pero que non son correctas (castelanismos, vulgarismos, estranxeirismos....)
Como me parece moi útil, deixaréivolo na columna lateral dereita onde aparecen as Páxinas para saber máis.
Espero lle saquedes moito partido!!!