Amosando publicacións coa etiqueta LG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LG. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Ilustración de Luis Davila e montaxe realizada con Canva.com

Xa está aquí o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, e este ano 2025 é moi especial, porque por primeira vez se lle dedica esta celebración ás mulleres cantareiras, esas mulleres que coidaron e cantaron as nosas cancións tradicionais de xeración en xeración. 

mércores, 5 de febreiro de 2025

SUSA VOLVEU.

Imaxe de oakring en Pixabay.com
Case un ano despois da súa estancia en Forcarei, presentándonos "En Cabárceno rugidos y canciones", volveu Susa Herrera con "En Cabárceno se oye cantar".

mércores, 22 de xaneiro de 2025

O QUE PASOU NAS VACACIÓNS.

Imaxe de Couleur en Pixabay.com
As vacacións xa nos quedan como un vago recordo e parece que foron fai moooooito tempo.

luns, 23 de setembro de 2024

DÍAS DE VERÁN.

Imaxe de John en Pixabay.com
Recén comezado o outono, que vos parece se rememoramos o xa estrañado verán? Farémolo da mans das letras do alumnado de 2º de primaria, que fixo unhas redaccións que contan o ben que o pasaron na estacion estival.

venres, 17 de maio de 2024

xoves, 21 de marzo de 2024

luns, 6 de novembro de 2023

LETRAS E NÚMEROS.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
No mes pasado compartinvos uns xogos matemáticos moi interesantes para traballar os números do 1 ao 10. Hoxe quería deixarvos os enlaces de onde obtiven as letras de repaso que levan os nenos/as na mochila.

martes, 21 de febreiro de 2023

DÍA DA LINGUA MATERNA (2023).

Imaxe da Editorial GALAXIA
Hoxe é un día importante. Imos celebrar a Lingua Materna!!! Porque debemos aproveitar as ocasións que temos para festexar todo o que sexa cultura, raíces,idioma....En dúas palabras, o propio.

mércores, 19 de outubro de 2022

LINGUA GUAPA.

Logo de RAG
Recén saída do forno está a película que acaba de presentar a Real Academia Galega baixo o título "A orixe da nosa lingua guapa".

martes, 27 de setembro de 2022

RECORDAMOS AS VACACIÓNS.

Imaxe de Ralf Kunze en Pixabay.com
Aínda non rematara o verán e xa o botamos de menos; máis ben a as vacacións, que tanto nos prestaron para descansar do curso pasado. Facéndolle unha homenaxe a ese tempo de lecer marabilloso elaboramos as nosas redaccións sobre o tema.

martes, 24 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022 (II).

Foto de conxunto no parque
A ver por onde quedaramos...... Ah si! Coas nosas camisetas pintadas subindo á praza do Concello de Forcarei.

xoves, 19 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022.

Montaxe realizada pola profe Vane

Como calquera momento é bo para celebrar o noso, nós xa o fixemos o venres 13. Contámosvos como foi.

domingo, 9 de xaneiro de 2022

RECEITARIO DE NADAL.

Imaxe de Satheesh Sankaran en Pixabay.com
Antes de comezar o cole, que vos parece se lle botamos un ollo ao voso receitario de Nadal?

xoves, 13 de maio de 2021

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021(II).

Miniatura do cartel da exposición itinerante "Aquela nena de Sarria"
No día de hoxe compátovos a segunda parte da compilación de recursos sobre Xela Arias. Clicade na imaxe superior para acceder.Déixovos a primeira parte tamén.

GOZADE DAS LETRAS E DE XELA!!!!

luns, 10 de maio de 2021

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021.

Imaxe atopada no Pinterest de Raquelgiralt
Nesta entrada compártovos a primeira parte dos recursos que recompilei sobre Xela Arias. Ciclade na foto de arriba para acceder.
Tedes os recursos doutros anos  xuntiños aquí.

luns, 29 de marzo de 2021

COUSAS DO PASADO.

Imaxe obtida en freepick.es 
Antes de mostrarvos o que estivemos facendo no Día da Muller (que xa vistes algo) ou No Día da Poesía quedaron perdidas unhas crónicas de Entroido. Non quedaron moi mal. Por iso, aí van!!!

domingo, 28 de febreiro de 2021

CON OLLOS DE ROSALÍA.

Imaxe obtida en redbubble.com
Antes de que remate febreiro, mes rosaliano por excelencia, tráiovos a estrea mundial da nosa homenaxe deste ano. Como non podía ser doutro xeito fixémolo en colaboración coa aula da profe Vane, Infantil B. A idea foi achegarnos á poesía da autora a través as súas descricións, enumeracións... dos elementos da natureza. Para iso escollemos varios fragmentos representativos para  recitar e reproducir en forma de láminas. Esta última parte está aínda en fase de post- produción pero podemos mostrar o recitado. A ver que vos parece esta historia en tempos de Covid!!

Obtido no canal de Youtube de VANESSA ARCA
Tamén creamos este ano ( a profe Vane e eu axudei un pouco) unha presentación co resultado de todas as celebracións de anos anteriores. Esperamos que vos guste!!!
Non queremos esquecer que o 28 de febreiro é o Día Mundial das Enfermidades Raras. Consultade a entrada do ano anterior aquí.

sábado, 23 de xaneiro de 2021

AGASALLOS E PROPÓSITOS 2021.

Imaxe de Gerd Altmann para Pixabay.com
Xa volvemos ás clases fai quince días pero aínda non mostraramos o que nos trouxeron os Reis Magos e Papá Noel nin os propósitos que nos fixemos para este novo ano. Velaquí está!!!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

AGASALLOS E PROPÓSITOS 2020.

Imaxe de Bruno/Germany en Pixabay.com
Os Reis e Papá Noel viñeron cargados de presentes e todos/as tivemos que contar algo do que nos trouxeran. Tamén fixemos uns propósitos para este novo ano. Aquí vos contamos todo!!

xoves, 11 de xullo de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS (VERÁN 2019).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Para este tempo estival temos moitas posibilidades ao noso alcance, unhas máis apetecibles que outras,  pero todas igual de válidas. Quero compartir con vós as lecturas que os nenos /as de 2º escolleron entre parte do que leron este ano. A ver se vos gustan!!!

Recomendacións lectoras 2019


Da miña parte déixovos, a través da páxina Zenda (Autores, libros y compañía), as refrescantes ideas que propón LOQUELEO de Santillana.
FELICES LECTURAS!!