luns, 6 de novembro de 2023

LETRAS E NÚMEROS.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
No mes pasado compartinvos uns xogos matemáticos moi interesantes para traballar os números do 1 ao 10. Hoxe quería deixarvos os enlaces de onde obtiven as letras de repaso que levan os nenos/as na mochila.
María Couso é unha licenciada en Pedagoxía (e moito máis) que imparte formacións sobre neurociencia e crea materiais incríbles. Os números que levaron o venres na mochila saqueinos da súa páxina  PLAYFUNLEARNING.
Do mesmo lugar sairon as letras. Déixovos os enlaces ás maiúsculas e ás minúsculas (estas últimas ireillas dando eu segundo as vaiamos traballando na clase). As maiúsculas podedes descargalas vós, se queredes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario