xoves, 19 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022.

Montaxe realizada pola profe Vane

Como calquera momento é bo para celebrar o noso, nós xa o fixemos o venres 13. Contámosvos como foi.
Durante o mes de maio, dedicamos os recreos que temos na biblioteca (e algún tempo máis), a colorear unhas camisetas e decorar uns  puntos de libro coa imaxe do autor. A caricatura tan chula que aparece en ambos deseños está feita por David González. Grazas, profe!!!
Montaxes realizadas con PiZap
Tamén fixemos un programa de radio chamado "Petiscos culturais" que pretende dar a coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Premede na imaxe e accederedes á entrada do blogue de A NOSA BIBLIOTECA, onde se dan os detalles da súa realización.
Montaxe realizada pola profe Vane
Noutra entrada , seguimos contando!

2 comentarios: