martes, 24 de maio de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022 (II).

Foto de conxunto no parque
A ver por onde quedaramos...... Ah si! Coas nosas camisetas pintadas subindo á praza do Concello de Forcarei.
Houbo un primeiro grupo de "avanzadilla" que subiu ata a residencia "Virxe das Dores"  a presentarlles os nosos traballos aos avós e avoas que alí residen. Que ben os trataron!! Déronlle un agasallo para o cole e para os participantes...Chuches!!
Despois subimos o resto o alumnado e comezamos o acto co a presentación de Brais e Valeria. Sofía e Carmen foron as encargadas de falarnos da biografía de Florencio Delgado; Héctor,Aaron e Oliva recitáronnos poemas, ao igual que os nenos e nenas de 1º e 2º. Para finalizar, os alumnos/as de 4º cantáronnos un poema do autor, "Aí ven o maio"  seguindo a adaptación de Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán.
Queda reflectido nesta montaxe da profe Vane.

Obtido no canal de Youtube de Biblio_CEIP Nosa Señora das Dores

2 comentarios: