Portada do libro "Rosalía" de Luisa Carnés.
Pois chegou o día no que puidemos celebrar a nosa poetisa máis universal, a que nos inspira profudamente e nos guía dentro do ámbito das nosas letras: Rosalía de Castro.
Xa vos comentei que tivemos unha semana moi atarefada na biblioteca: o luns, escoitamos o recitado, polos alumnos /as de 5º e 6º, de "Adios ríos, adios fontes"; o martes e o mércores, fomos por turnos a pintar uns retratos da autora para elaborar un cartel e xoves e venres, fomos a escribir poesías de Rosalía para encher un bote con parte do seu legado.
Na clase realizamos uns preciosos marcapáxinas que elaborou a profe Eva de 1º. Xa eran moi chulos e nós démoslle cor. A ver que vos parecen!!
Pero a verdadeira festa vivímola nas aulas preparando o recitado de "Del mar azul las transparentes olas", poema pertencente a "En las orillas del Sar" (1884).Este ano escollimos, a profe Vane e máis eu, unha poesía en castelán porque era o que mellor nos acaía dentro do noso proxecto do mar. Aínda así ,non puidemos renunciar a que o galego estivese presente e copiamos un fragmento de "Cantares Gallegos", que tamén menciona o mar.
Volvemos a liarnos a manta á cabeza e pedímoslles ás familias vídeos con imaxes mariñas. Obtivemos , coma sempre, unha estupenda resposta por parte de todos/as e ,coas imaxes e gravacións dos nenos/as, saiu esta fantástica montaxe.
Montaxe realizada pola profe Vane.
E para celebrar o día, enchemos as nosas botellas (as que podería arrolar o mar) con area, cunchas, moedas de ouro e a poesía da autora. Un fermoso tesouro que agochaba a Esencia de Rosalía.
Montaxes realizadas con Pizap.
Solo podo rematar esta entrada dicindo : LONGA VIDA A ROSALÍA e GRAZAS a todos os participantes!!