luns, 24 de febreiro de 2020

AI, ROSIÑA!!!!

Ilustración de Eva Casais
Por fin chegou o momento!! O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, unha das nosas autoras máis universais e querida por todos/as. Cada ano intentamos facer algo especial para conmemorar a data do seu nacemento  e  nesta ocasión non ía ser menos.

As ideas, dende que saen da cabeza e do corazón, realizan un longo periplo cheo de adversidades e atrancos.  Ás veces, materialízanse. Teño o gusto de  presentarvos "Cantarte hei, Galicia!", o resultado dun soño, que un día se fixo realidade.
Obtido no canal de Youtube de Vanessa Arca

Consultade as entradas de anos anteriores aquí. Hai máis cousiñas que contar pero xa haberá tempo.
So queda agradecer infinitamente a todos/as os que fixestes posible este marabilloso desexo, que xa é real. Ás familias, aos nenos e nenas,a nomes propios como Marco, Giselle, Gustavo e Anxo e a  unha mestra de vocación que loita por unha escola diferente. Grazas, profe Vane!!!
FELIZ DÍA . ROSALÍA SEMPRE!!!

2 comentarios:

  1. Qué estupenda escritora!!! Y que bonito y simpático el vídeo con los pequeñajos ante los micros, jajaja. y la canción es muy pegadiza!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Una gran figura, nuestra Rosalía. Nos lo pasamos genial con esta experiencia, Blanca.

      Eliminar