Imaxes de Rosalía creadas polas artistas Aurora Cascudo,Uqui Permui, Aladara Prado e Paula Mayor.
Xa chegou o día!!!! E fixemos unha pequena e preciosa homenaxe no cole, que vos presentaremos en breve.
Dende a nosa biblioteca ofrecémosvos a canción "Rosalía pequeniña", do libro-disco do mesmo nome, que editou Galaxia na colección Sonárbore en 2013. Está ilustrado marabillosamente por Marina Seoane e cantado por unha serea que se chama Uxía.
Sobre esta cantiga fixemos ilustracións de estrofas e recitado da mesma. Ao final, cantámola entre todos/as. Participaron varios cursos, entre eles primeiro, pero a profe sólo o celebrou, porque estivo un pouco pachucha. Graciñas por deixarme participar!!!
Aquí tamén aparece un estupendo LIM para coñecer mellor á nosa autora.
E para rematar, aí vai a miña humilde homenaxe a Rosalía que sae da pluma e o papel. Que vos guste!!!
Montaxe realizada con PiZap.