Amosando publicacións coa etiqueta Vimeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vimeo. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de xaneiro de 2026

DÍA DE REIS (2026).

Imaxe de Jeff Jacobs en Pixabay.com
Hoxe,Día dos Reis Magos,temos un estupendo agasallo que compartir con vós.

domingo, 23 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA (2025).

Imaxe obtida na páxina do Concello de Santiago
Este ano o domingo Corredoiro coincide co aniversario da nosa Rosalía. Caprichos do tempo, que nos sitúa onde quere!

domingo, 29 de marzo de 2020

DOMINGO RELAX.

Imaxe de J Lloa en Pixabay.com
Hoxe como é domingo toca descansar. Por iso vos propoño esta historia tan chula. Unha curtametraxe de animación sobre o conto adaptado: "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO. Realizado polo alumnado e profesorado do centro CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos.
Que o gocedes!!!

xoves, 12 de xullo de 2018

FELICES VACACIÓNS!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Creo que máis ou menos rematei de contarvos todo o que fixemos este curso. Bueno, todo, todo... non; que algunha cousiña se ten que quedar para a nosa aula!!!
Nesta entrada mostrareivos as recomendacións lectoras que fixeron  os alumnos/as de 1º . Tede en conta que escolleron os libros que máis  lles gustaron ao longo do curso pero que , dependendo do momento, fixeron diferentes fichas.
Tamén vos deixo, como despedida, unha pequena presentación, con traballiños que quedaran sen contar.

Deséxovos unhas estupendas vacacións a todos/as para que gocedes do lecer, da familia e dos amigos. Recargade ben as baterías para poder empezar o novo curso con moitas gañas e forzas renovadas. Eu creo que, sen que sirva de precedente, seguirei o meu propio consello  e intentarei descansar.
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!
INICIANDO DESCONEXIÓN...

xoves, 14 de xullo de 2016

REMATAMOS ESTE CURSO.

E que mellor maneira de finalizar algo que cunha fantástica festa!!!O último día do cole asistimos á graduación dos nosos compañeiros/as de cinco anos, que estaban todos fachendosos coa súa profe Vane ao frente e as súas familias arroupándoos. Nós tamén quixemos poñer o noso granciño de area e démoslles uns conselliños para que o paso a primaria lles sexa máis levadeiro.
Este vídeo foi maquetado pola profe Vane., que é a experta,jejeje.
E despois, festa rachada!!!! Mirade como nos puxemos!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Aquí vos quedan algunhas das "argalladas " que fixemos no terceiro trimestre e que non estaban publicadas. Sempre haberá cousiñas que queden solo para nós.
Non podo marchar sen agradecer os agasallos recibidos ao longo de todo o curso, materiais ou non, todos fantásticos e irreemprazables. E represéntoos todos neste libro que me emocionou profundamente.
MOITAS GRAZAS!!!
Xa vedes o produtivo que foi o curso e  o moito que traballamos, así que agora , tocaranos descansar un pouco.
PARA TODOS E TODAS; FELIZ VERÁN E BO DESCANSO!!!!
VOLTAMOS EN SETEMBRO.
(Aínda así podedes comentar o que queirades ; eu sempre estou cerca)

luns, 28 de marzo de 2016

HISTORIAS DUN TRIMESTRE.

Como ven sendo habitual, antes de comezar a recta final do curso,un pequeno recordo de cousiñas que quedaron no tinteiro do trimestre pasado.

venres, 8 de xaneiro de 2016

COUSIÑAS DUN TRIMESTRE.

E antes de comezar o segundo trimestre con  moitas gañas e ilusión, imos rememorar algunha das actividades que fiexemos no pasado.Lembrádesvos?