Amosando publicacións coa etiqueta Reis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reis. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de xaneiro de 2026

DÍA DE REIS (2026).

Imaxe de Jeff Jacobs en Pixabay.com
Hoxe,Día dos Reis Magos,temos un estupendo agasallo que compartir con vós.

sábado, 6 de xaneiro de 2024

DÍA DE REIS(2024).

Imaxe de Almeida en Pixabay.com
Pasaron os Reis polas vosas casas? Que tal se portaron? En teoría os temos que portarnos ben somos nós para recibir os agasallos que previamente pedimos pero nos tempos que corren, o significado destas datas e deste día concreto, están algo desvirtuados. Talvez sexa o momento de reflexionar sobre as cousas que estamos facendo e os valores que se transmiten.

xoves, 6 de xaneiro de 2022

DÍA DE REIS 2022.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis?Atinaron cos agasallos? Espero que esteades tan contentos/as como o estou eu co recibido. Porque, ás veces, non se trata do material, do grandioso ou do máis caro. Importan as intencións, as gañas e os pequenos detalles. Ogallá abunden este ano que acabamos de empezar!

mércores, 5 de xaneiro de 2022

NOITE MÁXICA.

Imaxe de Gerhard G en piaxabay.com
Na noite máxica na que virán os Reis Magos, imos contar como nos visitou o seu paxe para recoller todas as nosas cartas.

xoves, 9 de xaneiro de 2020

O QUE DEIXARON OS REIS.

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Xa estamos de volta! Con máis ánimos e máis gañas se cabe. O mellor de volver é o reencontrarse,o contar e escoitar e, no noso caso,as sorpresas. Si, porque cando chegamos atopamos ao lado do photos uns paquetes misteriosos. Había unha notiña e así descubrimos que foran os Reis Magos os que nos deixaran os presentes. Mar, a encargada da semana, abriu un deles e despois escolleu aos compis que quixo que lle axudaran.
Así foron saindo un xogo de memoria, un xogo de dados para contar historias,un tangran diferente e un conto "Caleidoscopio se emociona". Xa vos contaremos como nos vai  con todo!!!
Montaxes creadas con Pizap

luns, 6 de xaneiro de 2020

XA CHEGARON OS REIS MAGOS.

Imaxe de Michelle Maria en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis? Seguro que moi ben! Non sei se de acordo con como vos portastes vós ou de maneira máis xenerosa. En todo caso seguro que estades contentos/as!
O meu agasallo neste día é este precioso anuncio que nos fala da amizade. Espero que vos guste!!
Obtido no canal de Youtube de Guardian News
Móstrovos as estupendas postais que realizastes en clase e supoño que vos chegaron antes de Nadal,
os detalles que levastes o último día para a casa,
os traballos do trimestre 
e uns presentes que recibín con moita ilusión!
Montaxes realizadas con PiZap
Todo isto conforma uns estupendos agasallos que pecharon o noso trimestre. A polo 2º con máis gañas se cabe!
FELIZ DÍA DE REIS!!!

domingo, 6 de xaneiro de 2019

REIS 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Que tal se portaron os Reis? Seguro que vos trouxeron unha morea de cousas: xoguetes, roupa, libros... Agora que toca pensar en volver eu tamén espero que vos deixasen alegría, ilusión e moitas gañas de aprender.
Para celebrar este día máxico apórtovos varias cousas:
-Os enlaces de anos anteriores, onde hai algo de todo : contos dos Reis, cantigas, curtas.... Premede aquí para acceder.
-Unha nova canción de Roberto Grandal cos debuxs de Leandro Lamas sobre a figura do Apalpador.
Obtido no canal de Youtube de Leandro Lamas
-E a curta "La noche mágica de Gaspar", que nos fala das persoas que deben traballar en datas moi familiares e temos que valoralo.
Obtido no canal de Youtube de Ripley Chile
Da igual quen veña, como veña e cando veña, o importante é manter a ilusión!Grazas por axudarme a manter a miña intacta.
Montaxe realia con PiZap
FELIZ DÍA DE REIS!!!

luns, 31 de decembro de 2018

QUE PIDO?

Imaxe obtida en Pixabay.com
Seguramente a estas alturas xa esté escrita a carta aos Reis; incluso estará enviada. Pero unha reflexión sobre o tema non pode vir mal.
Quero compartirvos este anuncio de coches, que sen dúbida é moi interesante.O importante é a mensaxe, non o que pretende vender.
Obtido no canal de Youtube de Audi Spain
Na páxina de LOQUELEO de Santillana mencionan a  regra do catro agasallo.
E por último, no blogue de Natalia Longo,Orientación Condesa , temos unha interesante entrada sobre a elección de xoguetes para que non sexan  sexistas nen violentos.
Aínda estás a tempo de arranxalo cos Reis. Se non podes escribirlles, fala coas teus pais e mandádelle unha mensaxe mental. Seguro que chega!!!

sábado, 6 de xaneiro de 2018

DÍA DE REIS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como hoxe é un día moi especial, déixovos esta preciosa historia de Carmen Parets, sobre os protagonistas que nos ocupan. Que a gocedes!!
Obtido no canal de Youtube Catacricatacrac Cuentos infantiles
Premede aquí para ver entradas de anos anteriores. Temos contos, cantigas.......
E sempre un pouco de humor co gran Faro.
FELIZ DÍA DE REIS!!!

venres, 6 de xaneiro de 2017

CHEGAN OS REIS MAGOS.

Imaxe de Nadal de Fano.
Espero que esta noite chegaran os Reis cargadiños de agasallos para todos os nenos/as e o maiores tamén.Que viñeran repartidos, eso sí, que xa falamos que non precisamos tantas cousas materiais. Se cadra podemos compartir un pouco de tempo, un anaco de atención,un sorriso, unha aperta profunda e recompoñedora, biquiños a discreción e agarimosos aloumiños que sempre veñen ben.
Para celebrar este día con vós, deixovos esta curta, que nos ven ao pelo.  Titúlase "The gift" (O regalo) e está producida por Marza animacion. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Yuotube de CGMeetup.
Tamén podedes rescatar vídeos e cancións de anos anteriores  clicando aquí.
Rematamos cun pouco de humor do grande , Andrés Faro.
FELIZ DÍA DE REIS!!!

mércores, 6 de xaneiro de 2016

DÍA DE REIS.

Imaxe obtida na rede.
Hoxe , día dos Reis Magos de Oriente, ofrézovos esta interesante historia que nos relata a existencia dun cuarto rei  chamado Artabán. A ver que vos parece!!!
Obtido en Youtube (Jesús Chacón Chaparro)
E para animar este momento festivo que mellor que escoitar unha linda canción sobre os Magos. Como non atopei nada en galego, aquí vos deixo unha en portugués, que é ben bonita e así imos coñecendo o folclore doutros lugares.
Obtido en Youtube (Cristiana Silva)
FELIZ DÍA DE REIS!!!

martes, 6 de xaneiro de 2015

DÍA DE REIS.

Hoxe, como agasallo do día de Reis, quero deixarvos este vídeo sobre o verdadeiro significado do Nadal. Foi  a representación que fixemos no festival, pero cun toque especial. Espero que vos guste!!!
Agradecémoslle á profe Vane, como sempre, a súa labor de asesoramento, grabación e maquetación deste vídeo.
 Quedouche xenial, profe!!!
FELIZ DÍA DE REIS!!!

luns, 6 de xaneiro de 2014

DÍA DE REIS.

Para gozar desta  tarde de Reis en familia deixovos esta preciosa curta de Pixar titulada "Pobre cegoña"

(Xa sei que sodes maiores, pero disfrutade coma nenos/as)

domingo, 6 de xaneiro de 2013

O APALPADOR(III).

Como pequeno agasallo de Reis inclúovos dúas cantigas sobre o noso amigo do Courel. A bailar!!!
Preciosa  cantiga do grupo Malvela cun vídeo  feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G.
Outra simpática cantiga con música orixinal de Javier Prado Espiñeira e letra  de Cristina Corral Soilán.