mércores, 5 de xaneiro de 2022

NOITE MÁXICA.

Imaxe de Gerhard G en piaxabay.com
Na noite máxica na que virán os Reis Magos, imos contar como nos visitou o seu paxe para recoller todas as nosas cartas.
Foi xusto antes de coller as vacacións cando, unha mañá, apareceu un simpático paxe real que viña na procura das cartas para as súas Maxestades os Reis Magos. O que nós non sabiamos era que este enviado dos Reis nos tiña preparadas varias sorpresas. Primeiro, contounos unhas divertidas historias  nas que os nenos e nenas do cole eran os protagonistas.Así coñecimos ao chófer Juan, á diseñadora de moda Alicia e aos condes, María e Pablo, entre outros. Tras a historia, cantamos unha divertida canción, que entoamos utilizando de cada volta unha soa vogal. Menudas risas! Chegado o momento depositamos as nosas misivas no buzón real e recibimos unhas lambetadas de agasallo. Por último, fixemos unha foto todos/as xuntos/as co paxe.
Aquí o podedes ver.
Montaxe realizada con Pizap.
Que os Reis vos traian o que pedistes!!

2 comentarios: