domingo, 29 de marzo de 2020

DOMINGO RELAX.

Imaxe de J Lloa en Pixabay.com
Hoxe como é domingo toca descansar. Por iso vos propoño esta historia tan chula. Unha curtametraxe de animación sobre o conto adaptado: "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO. Realizado polo alumnado e profesorado do centro CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra ao abeiro do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! con fins educativos.
Que o gocedes!!!

Obtido no canal de Vimeo Estudios Fervelliño
Non quero despedirme sen ensinarvos os súper astronautas da clase de primeiro.Estes son dos que teño fotos. Conforme vaian chegando máis xa as colgo.
Montaxes realizadas con PiZap.
Pois xa vedes, a cada cal mellor. Trátase de usar a imaxinación, de reutilizar, de pasar un tempo en familia , desconectar e botar unhas risas. O resultado case é o de menos (iso digo pola profe, que é moi pouco mañosa).
Contovos un segredo? Na miña casa a miña mamá pensa que estou un pouco mal da cabeza. Por que vou en pixama cunha caixa na cabeza? O bo do conto é que ao explicarllo entendeu perfectamente o que pretendía e pareceulle ben. O noso inxenieiro particular encargouse do deseño(xa está acostumado ás miñas tolerías) e os tres botamos unhas risas confinados na nosa casa. Diso se trata, non?
Grazas familias!!!! Estádelo facendo de cine!!!
 Noutra entrada xa colgo máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario