Imaxe obtida na páxina do Concello de Santiago
Este ano o domingo Corredoiro coincide co aniversario da nosa Rosalía. Caprichos do tempo, que nos sitúa onde quere!
Nós imos ao noso, ao que nos interesa. Rosalía sempre: na memoria, nos libros, no pensamento. Porque nos guía e nos evoca, nos sorprende e nos provoca; só ela é capaz de encher un universo, de liderar un rexurdimento, de ser inmortal transcorrido o tempo. Por iso a celebramos, a recitamos e interpretamos para que ,co que moitos consideran a escuridade do seu sentir, ilumine os nosos pasos como pobo con identidade propia: xusto, unido e en igualdade.
Quero compartir con vós esta preciosa interpretación dun tributo a Rosalía de Lía Pamina e os Peregrinos. Leva por título "Follas Novas".
E por último, un enlace a todas as entradas de anos anteriores que teñen moitos recursos e cousas chulas da autora de "Cantares Gallegos".
FELIZ DÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario