Imaxe de No Name 13 en Pixabay.com
Hoxe queremos compartir como foi a nosa celebración do Día da Paz, que realizamos o 31 de xaneiro cunha emocionante carreira en colaboración con ASANOG. Foi un día cheo de alegría, amizade e, sobre todo moita solidariedade.
Comezamos a xornada de festa na hora do recreo compartindo unha charla-coloquio con Manuel Canabal, antigo alumno do centro e ex-xogador de fútbol. Nesta charla tivo ocasión de falarnos do seu paso por equipos como o Real Madrid, dos recordos que gardaba como estudante no cole e da importancia que tiña o deporte polos valores que transmitía.
Despois chegou o momento de trasladarnos ao campo de fútbol para, por quenda de cursos, comezar a correr. Familias, rapazada e profesorado deuno todo na pista e tamén nas súas aportacións para os nenos e nenas con cancro a través de ASANOG.
Montaxe realizada con Canva
Despois de correr, un rico chocolate con rosca para repoñer forzas e unha cantiga e un baile pola Paz. Aquí vos deixo o resultado!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario