Imaxe de Марина en Pixabay.com
Antes de comezar a contarvos como vivimos o noso Entroido imos falar de dúas atividades ben interesantes nas que participamos no mes de febreiro.
-Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Celébrase cada 11 de febreiro co obxectivo de destacar o importante papel que as mulleres e as nenas desempeñan no campo científico. Esta data busca sensibilizar á sociedade sobre a desigualdade de xénero que aínda persiste nas ciencias, promovendo a inclusión e a visibilidade das mulleres en todas as disciplinas científicas. Para festexalo, no cole,realizamos un "scape room" na biblioteca. Alí tivemos que superar unha serie de probas matemáticas por equipos para averiguar cal das famosas científicas que nos presentaron roubara un experimento do "Laboratorio Cientificatum". Foi xenial!!!
Montaxe realizada pola profe Vane con Canva
-Hoxe visítanos...Jose Murado.
Dentro do espazo "Son d´aquí", onde nos visitan persoeiros importantes relacionados cos cincuenta anos de vida do cole, pasou polo centro, Jose Murado. Este antigo alumno é un importante copiloto de rallis, que nos veu a falar da súa profesión e ensinarnos un auténtico coche de carreiras.
Foi un día moi especial, xa que fomos o alumnado de 2º os que preparamos as preguntas para a súa charla coloquio e fixemos a entrevista na radio.Iso sen contar que é o papá do noso Lucas, o cal lle da, puntos extra.
Grazas, Jose, por esta mañá tan intensa!
Montaxe realizada pola profe Vane con Canva
Ningún comentario:
Publicar un comentario