martes, 4 de marzo de 2025

ACTIVIDADES DE FEBREIRO. (II)

Imaxe de Gernot en Pixabay.com 
Seguindo coas actividades deste pequeno mes temos que falar doutras dúas experiencias interesantes.
-Visita do alumnado de 4º de primaria.
Sobre mediados de mes tivemos a sorte de recibir na nosa aula aos alumnos/as de 4º de primaria que nos viñeron a contar a súa investigación sobre o clima. Explicáronnos moi claramente todo o que aprenderan na súa invetigación, que estivo coordinada pola súa titora Verónica.
Grazas, chicos e chicas de 4º e tamén á profe Vero por ensinarnos tanto!
Podedes ver a presentación que nos fixeron no blogue da biblioteca  se premedes aquí.
Coa prendido fixemos unhas redaccións que están pendentes de ser escaneadas.
Montaxe realizada con Pizap.com
-Laboratorio de lingüistas.
🔬🧩 LABORATORIO DE LINGÜISTAS: DESCIFRANDO A ROSALÍA 🔍📜

📢 Atención, investigadores da linguaxe! O noso laboratorio especial abriu as súas portas para un desafío único. Rosalía de Castro deixou un misterioso código cifrado que só os máis brillantes lingüistas poden descifrar.

🔎 A vosa misión:
A través dun sistema secreto de LEGO, tedes que reconstruír os títulos ocultos dos seus poemas. Cada combinación de pezas agocha unha letra… conseguiredes revelar as palabras escondidas?

⏳ Tempo límite: 20 minutos
🎧 Recompensa: Cada vez que descubrades un título, poderedes escoitar o poema a través dun código QR.

Con esta inquietante mensaxe nos convidaron o martes 25 a participar neste reto.
Na próxima entrada, as fotos da aventura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario