Imaxe de beauty of nature en Pixabay.com
-Laboratorio de lingüistas.
Quedaramos pendentes das fotos da actividade do laboratorio. Aquí están!
-Celebración do Día de Rosalía.Como este ano caeu en domingo o día da celebración realizamos un pequeno acto para todo o cole no salón o luns, 24 de febreiro, ás 12:30 h . O alumnado de 6º leu unha biografía da autora e fixo un recitado dunha escolma da súa poesía. Rematamos visionando un vídeo de todos os directores e directoras do centro (nestes últimos 50 anos) recitando “Miña casiña, meu lar”.
Recordade o poema aquí.
- Hoxe visítanos... a mestra Tucha.O xoves 27 tivemos a sorte de recibir a visita dunha antiga mestra do cole, Victorina López Regueiro. A mestra Tucha , como a coñecen todos, era unha experta confeccionando disfraces de Entroido e contounos unha morea de cousas sobre o seu paso polo cole.
Montaxes realizadas con Pizap.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario