sábado, 8 de marzo de 2025

8 M (2015).

Imaxe de Alexey Hulsov en Pixabay.com
Hoxe é 8 de marzo e celebramos o Día Internacional da Muller, e mañá, e pasado, e ao seguinte...
Este día serve para lembrar que as mulleres e os homes deben ser tratados por igual, sen que unha persoa sexa mellor ca outra por ser home ou muller.
Hai moitos anos, as mulleres non podían traballar no que quixeran, non tiñan os mesmos dereitos que os homes e non se lles escoitaba igual. Grazas ás mulleres que loitaron, hoxe temos leis que nos permiten a todos vivir de forma máis xusta. O 8 de marzo é un recordo de todo o que fixeron esas mulleres e tamén un día para seguir traballando por un mundo mellor, onde todos teñamos as mesmas oportunidades.
Para festexalo déixovos a "máis de 30 artistas galegas consolidadas e emerxentesque que se unen para simbolizar toda a forza interxeracional do feminismo baixo un único sentir: a igualdade de xénero.
Vive a maxia deste diálogo musical sen precedentes no que todas xuntas resoan máis forte!
Un proxecto creado integramente por mulleres para toda a sociedade galega.
Unha iniciativa da Xunta de Galicia polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. "
Obtido na canle de Youtube de Xunta de Galicia
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí.
Imaxe de Noelia Martín de Mi cole al día 
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario