Retrato de Mónica Jiménez
Con so dous días de diferenza celebramos o Día Intenacional da Lingua Materna e a data de nacemento da nai do Rexurdimento Galego. Curioso, non si?
Volve Rosalía ás nosas aula, onde sempre está presente, para unirnos nun ilusionante proxecto común. Recorre os nosos corredores para visitar a biblioteca e agasallarnos con recitados e plasticidade.
Como este ano o 24 de febreiro coincide en domingo traballamos toda a semana pero o colofón final será o luns 25 (cando xa teremos que recibir o Entroido. Isto é un non parar!).
Para festexar este día, e non adiantar as sorpresas que temos para mañá, quero facerme eco da iniciativa deste ano do Concello da A Estrada. Xa gozamos na pasada edición dun expléndido traballo de recitado da autora polo mundo adiante e nesta ocasión sorpréndennos cunha marabillosa versión do "Stand by me" de Ben E. King. Nela colaboran estupendos artistas estradenses, algún dos cales temos o pracer de coñecer : profes do instituto en Forcarei, papás de alumnas do cole.... Canta arte nos rodea!
Gozade desta homenaxe, merecida e inmensa, coa que os estradenses (nos que me inclúo), queren honrar a Rosalía.
Obtido no canal de Youtube de Concello da Estrada.
ROSALÍA; ESTÁS EN MIN!!!
Entradas de anos anteriores, aquí.
Precioso el vídeo homenaje!! Que salga todo lindo en los festejos.
ResponderEliminarUn beso grande.
Muchísimas gracias, Sandra!!!
EliminarUn abrazo fuerte.
Muy bien el video para el homenaje a tan grande poetisa.
ResponderEliminarSaludos.
Un homenaje merecido y entusiasta.
EliminarUn abrazo, Mirian.