domingo, 1 de marzo de 2015

ETERNA ROSALÍA

Como xa anunciei no día da nosa poetisa por excelencia, celebramos o seu aniversario por todo o alto. Traballamos arreo durante unha semana para facer un mini proxecto colaborativo cos  Picariños da profe Vane.
Comezamos na clase de 4º estudando a biografía da autora e creando, en conxunto, unha poesía sobre sobre a mesma . Mentres nós  escribiamos e gravabamos as voces, en Infantil,producíase unha "eclosión creativa" sen precedentes e que deixou a máis dunha  ( por exemplo, unha servidora) gratamente sorprendida.Coas marabillosas ilustracións dos peques e coa nosa humilde poesía, fixemos un libro biográfico en verso.
Aquí o deixo en forma de presentación , con imaxes e voces, envolto polo tema "Tick Tock (intrumental version) de Josh Woodward.
Grazas, profe Vane, por esta presentación tan coidada e exquisita.
Se premedes aquí, poderedes ver a homenaxe que lle fixemos o ano pasado a Rosalía. Non se trata de comparar senon de sumar.

4 comentarios:

  1. Hola: unas actividades fabulosas y muy completas para conocer y disfrutar de esa escritora irrepetible.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias,Marta. Lo disfrutamos un montón y de paso aprendimos "cosillas".Un saludo.

      Eliminar
  2. felicidades profe,que bonito esta o video sodes uns artistas .un saudo

    Mary-luz

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, Mari Luz.Os nenos/as son estupendos e destas experiencias apréndese moito. Saudiños.

      Eliminar