Preme na foto para acceder.
O pasado luns, día 11 de xaneiro, presentouse DIGALEGO, o novo dicionario en liña na nosa lingua con máis de 65.000 entradas. Según o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez , a iniciativa materializouse grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.
Aparte de todos os vocablos que contén poderedes conxugar os verbos e tamén consultar todas esas palabriñas que utilizamos pero que non son correctas (castelanismos, vulgarismos, estranxeirismos....)
Como me parece moi útil, deixaréivolo na columna lateral dereita onde aparecen as Páxinas para saber máis.
Espero lle saquedes moito partido!!!
Me parece muy interesante y útil.
ResponderEliminarFelicidades a los creadores.
Un besico.
¡A qué si, Blanca!Yo también lo creo.
EliminarUn bico.
es una gran noticia. Gracias, Anabel. un bico.
ResponderEliminarGracias a ti por pasarte y comentar, Blanca.
EliminarBiquiños y feliz semana.
Graciñas pola información, Anabel. Resultaranos moi útil. Unha aperta e moi boa semana.
ResponderEliminarDe nada, Ana. Seguro que lle sacamos moito partido.
EliminarBiquiños e feliz semana.