Imaxe obtida no Portal da Lingua Galega.
Coma todos anos, cando comeza o mes de maio, vislumbramos flores e letras a esgalla. Rodéannos todo o ano pero fánnos vibrar máis intensamente neste mes. Esta vez o homenaxesado na data é o profesor e escritor (entre outras actividades) Antón Fraguas Fraguas, traballador incansable na difusión da nosa Lingua e Cultura populares.
Déixovos uns recursos para traballar ao persoeiro:
- No Portal da Lingua Galega ofrécennos unha biografía e algunha cousiña máis.
- O noso sempre mencionado Seminario Galán, ten actividades para descargar e en liña.
-Na páxina, A Primavera das Letras, os debuxos e fichas son moi chusquiños.
- O Portal Galego de Educación tamén aporta a esta causa.
- Dende o OZOCOgz agasállannos cunhas carautas do autor Antón Fraguas. (Eu vinas no muro dos Mestres de Galicia en Facebook publicadas pola compañeira Muiñeira de Carrás. Graciñas!!)
- Nunca esquezades os recursos doutros anos, pode haber algo que vos interese.
FELICES LETRAS!!
Una estupenda entrada, muy completita. Un besote.
ResponderEliminarMuchas gracias, Blanca.
EliminarUn besote.