Amosando publicacións coa etiqueta Recursos outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recursos outono. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de outubro de 2021

RECURSOS DE OUTONO (2021)

Imaxe de moritz320 en Pixabay.com
Pasado un mes do comezo do outono,pode ser un bo momento para facer unha compilación dalgúns recursos para traballalo.

sábado, 26 de outubro de 2019

RECURSOS OUTONO 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Antes de que pase o outono sen colgar algún recurso sobre el, vouvos deixar algunhas actividades sobre a estación.
- Na páxina educapeques hai unha unidade didactica ben completiña.
-No portal educativo, Escuela en la nube, aparece unha compilación de materiais do outono.
- A páxina, Bosque de fantasías, ofrécenos unhas manualidades ideais para nenos/as.
-Nas entradas doutros anos tamén tendes moitas posibilidades. Premede na imaxe inferior.
Para despedir con boa boca, unha canción. Titúlase "No outono" e chega desde o CEIP Fondo de Nois. A ver que vos parece!!
Obtido no canal de Youtube Fondo Nois

mércores, 25 de setembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe creada con PiZap
Este ano xurde pronto a nosa sección do "Caixón Desastre" porque como o luns comezou o outono e, ven con algo relacionado..... Tiña que aparecer!
Xa cambiamos de estación e na clase falamos sobre as características desta nova época na que estamos. Para  que repasedes algunha delas, aquí está esta canción do CantaJuego sobre o tema que nos ocupa.
Obtido no canal de Youtube Cantajuego VEVO
Tamén atopei esta bonita poesía de  Mª Rosa Negrín. Sodes capaces de lela? Se vos custa un pouquiño podedes pedir axuda.
FELIZ OUTONO!!

sábado, 13 de outubro de 2018

RECURSOS DE OUTONO 2018.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Co final do verán chega o outono: coas súas cores alaranxadas, cos seus froitos e festas e cunha melancolía especial, que o abrangue todo. Para festexar a súa chegada(xa fai tres semanas) compártovos algúns recursos.
Na páxina de Yessica, Rejuega y disfruta jugando!, aparecen 25 xogos e actividades outonais estupendas para compartir en familia.
Maite Gan, en Lluvia de ideas, ofrécenos varias recopilacións de fantásticos recursos.
Na páxina, Hacer familia, hai unha lista de cancións sobre esta estación.
Tamén vos deixo unha cantiga na nosa lingua, "O outono" de Uxía Lambona e a banda Lambona. Tamén nos vale para o magosto.

Obtido no canal de Youtube de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Coma sempre, queda o enlace aos recursos de anos anteriores. Hai cousas que nunca pasan de moda!!!
FELIZ OUTONO!!!!

martes, 2 de xaneiro de 2018

FOLLAS DE OUTONO.

Imaxe atopada en Pibay.com
Xa estamos metidos de cheo no inverno pero gustaríame ensinarvos uns traballos que fixemos coas follas do outono.O primeiro deles fixémolo sobe unha plantilla , coloreando as follas con ceras brandas. Utilizamos as cores do outono. Despois recortar e pegar nunha cartolina negra.
Así quedaron!
Na seguinte opción traballamos con follas naturais (que nos trouxo a profe Rita) e con témpera. Tamén utilizamos as cores do outono. Debuxamos siluetas e realizamos estampado. Despois utlizamos unha cartolina laranxa para facerlle un marco .
Velaquí o resultado!
Montaxes realizadas con PiZap.

mércores, 13 de decembro de 2017

DONA CASTAÑA.

Recordades que polo Magosto nos fomos á aula dos amigos/as de 3 e 4 anos? Pois hoxe ensínovos a manualidade que alí realizaron os meus nenos/as coa profe Vane. Trátase da Señora Castaña. Con dúas castañas, plastilina, palillos e lá, sae esta figuriña tan graciosa.
Agora mirade como as crearon e como lles quedaron.
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS, PROFE VANE!!!

venres, 8 de decembro de 2017

O QUE OUTONO NOS DA.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
O pasado mes de novembro fixemos no cole unha exposición sobre produtos do outono. Cada aula, encargouse de escoller un froito, investigalo e elaborar un cartel informativo. Posteriormente, no salón de actos, montamos unha pequena exposición co resultado do noso traballo. Mirade que bonita quedou!!!
A clase de primeiro escollemos o millo, xa vos ensinaremos como foi a investigación.
Como colofón a esta magnífica iniciativa, que menos que unha degustación dos produtos investigados. Ollade a nosa mesa!!!
Había moitas cousas ricas:  produto fresco (uvas, granadas, pipas de cabaza e figos ), produto elaborado ( doce de marmelo e de mazá, pan de millo,pan de figos...) e un repertorio de doces que tivo moito éxito (biscoitos de noces, mazá, cabaza...). Os nosos flocos de millo tamén voaron. Non quedou nadiña!!!
Montaxes realizas con Pizap.

sábado, 18 de novembro de 2017

RECURSOS DE OUTONO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Aínda que pareza mentira xa levamos moitos días de outono e este curso non colguei ningún recurso relacionado. Non pode ser!!
Deixareivos un par de ideas e un enlace aos materiais de anos anteriores para que poidades facer "cousiñas chulas" desta estación. Espero que vos sexan de utilidade.
Tanto en  Pequeocio como  en Creciendo con libros y juegos nos ofrecen unhas manualidades xenias sobre este tempo de outono.
Clicade na imaxe se queredes ver os recursos de cursos anteriores.

xoves, 15 de decembro de 2016

O OUTONO VAI REMATANDO.

Imaxe atopada na rede.
Antes de que remate o outono e teñamos que darlle a benvida ao tempo xélido e glacial que caracteriza ao inverno, quero compartirvos esta selección de poesías que recolleron os nenos e nenas de 2º. Algunhas teñen o nome do autor, outras, copiáronas de internet e non atoparon quen as escribira. Tede paciencia, estamos empezando!!!

sábado, 24 de setembro de 2016

RECURSOS OUTONO 2016.

Imaxe atopada en Pixabay.

O xoves pasado cambiamos de estación e todo se mostra diferente.O tempo arrefría e as follas tórnanse amarelas, vermellas, marróns... Minguan os días e fanse curtos ,mentras  a escuridade medra a traición en silencio  quítandolle protagonismo aos raios do sol. Lonxe queda o estío co seu balbordo e a súa brillante luz, con eternos atardeceres que invitan a vivir e a soñar,con bágoas de estrelas que inundan ceos de verán. Non cabe dúbida ; chegou o outono.
Teremos que botar man dun paraugas multicolor que encha os días de ledicia,pintar con ilusión os momentos que nos esperan e deixar entrar a nova luz que nos presidirá durante un tempo.
BENVIDO OUTONO!!!
Clicade na imaxe superior para acceder a compilación de recusos que realicei este ano e gozade desta poesía de Federico García Lorca sobre o tema.
Montaxe atopada en Loqueleo.

mércores, 23 de setembro de 2015

OLA, OUTONO!!!

Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.

Hoxe pola mañá recibimos ao outono , que chegou cun sol preguiceiro e unhas temperaturas suaves. Para darlle a benvida e gozalo na súa extensión deixovos unha compilación de recursos que vos poden ser útiles. Nós , de seguro, que utilizaremos algún.Quedarán enlazados na pestana de Recursos catro estacións, no lateral do blogue.
E para rematar a entrada, poesía.
Imaxe atopada en Docentes para el fomento de la lectura.