Amosando publicacións coa etiqueta Plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plantas. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xuño de 2026

PLANTAR AMORODOS.

Imaxe de Almeida en Pixabay.com
A comezos do mes de maio, todo o alumnado de primeiro participou nunha actividade moi especial: a plantación de amorodos. Foi unha experiencia divertida e chea de aprendizaxes, na que todos colaboramos para coidar as nosas plantas.

luns, 20 de abril de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (VI).EXPOSICIÓN : MULLERES CIENTÍFICAS.

Imaxe obtida en Freepik.es

Con motivo da celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no noso centro levamos a cabo unha interesante investigación sobre mulleres científicas relevantes.

sábado, 11 de abril de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (V).SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

Logo do Museo de Historia Natural
O pasado 25 de marzo, todo o alumnado do centro realizou unha saída moi interesante ao Museo de Historia Natural de Santiago. Foi unha xornada chea de aprendizaxes e descubrimentos, na que tivemos a oportunidade de coñecer máis de preto o mundo natural.

sábado, 28 de marzo de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (III).

 Imaxe de Open Clipart-Vectors en Pixabay.com
Alá a mediados de xaneiro realizamos unha plantación de fabas, garavanzos e lentellas.(Podedes recordalo aquí).O noso obxectivo era observar como medran as plantas en diferentes condicións.

venres, 23 de xaneiro de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (II).

Imaxe de Евгения en Pixabay
Seguindo co noso PDI: Tesouros Verdes de Galicia e dentro do Tema 3 de Ciencias da natureza na nosa clase de 1º realizamos unha actividade moi divertida e interesante: fixemos unha plantación en vasos de iogur reciclados.

luns, 14 de novembro de 2022

ANIMAIS E PLANTAS.

Imaxe de hartono subagio en Pixabay.com
Xa estamos no tema dos seres vivos e para que o poidades repasar dunha maneira amena e divertida, déixovos estes fantásticos vídeos de Curro e Pancha en galego. Isto sí que é un luxo!

martes, 9 de xullo de 2019

XERMINANDO.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Recordades a nosa aventura de plantación de landras? Claro, xa fai tanto tempo; como para recordalo!  Premede aquí para facer memoria.
Como puidestes observar plantamos en terra pero tamén entre algodón a ver que pasaba. Co paso dos días unha das landras brotou e outra non.
O certo é que pasou un mes, dous, e como somos de cousas inmediatas, xa pensabamos que non ía pasar nada. Pero equivocámonos. Cando chegou a primavera os carballos comezaron a brotar. Iso si, cada un ao seu ritmo.
Cando vimos que a cousa se nos ía das mans, mandámolos  para a casa, en busca dun novo fogar cunhas instrucións sinxelas. 
Como algúns dos carballos non sairan, tivo que a profe (and company) ir a buscalos ao monte para que todos /as os puidesen levar.
 
Montaxes realizadas con Pizap
Se ledes as instrucións poderedes observar que se pide  que se planten as árbores na natureza e se envíe foto do acontecemento. Solo recibín as fotos dunha familia , á que lle estou moi agradecida. O resto, quero pensar, que esqueceu enviar a foto. Apelo a vosa conciencia ecolóxica para que non deixedes que morran unhas árbores que criaron os vosos fillos/as.
Eu, con que unha prenda, doume por satisfeita.

xoves, 13 de marzo de 2014

SEGUIMOS MEDRANDO (II)

Observade como seguen a súa andaina vital a nosas plantas.As fotos son de finais de mes(as de arriba) e de quince días despois (as de abaixo). Vedes a diferenza?Menos mal que Paula Piñeiro lle trouxo unha variña para suxeitala,  senon...  xa estaría no chan.

mércores, 20 de febreiro de 2013

AS PLANTAS(II).

Temos aquí un test sobre plantas creado por Mercedes Serna que é moi interesante. Queredes comprobar o que sabedes? Adiante!!!

luns, 18 de febreiro de 2013

AS PLANTAS.

Por que non xogamos a clasificar talos? Na páxina de la Junta de Extremadura aparece un gracioso lince que nos convida a realizar diferentes actividades. Que vos parece? Xogamos?Premede pois.