luns, 20 de abril de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (VI).EXPOSICIÓN : MULLERES CIENTÍFICAS.

Imaxe obtida en Freepik.es

Con motivo da celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no noso centro levamos a cabo unha interesante investigación sobre mulleres científicas relevantes.
Esta actividade estivo tamén relacionada co noso Proxecto Documental Integrado (PDI), “Tesouros verdes de Galicia”, polo que puxemos especial atención en figuras vinculadas coa natureza, o medio ambiente e a ciencia na nosa contorna.
Na clase de primeiro curso investigamos sobre María Luz González Caamaño, unha científica galega moi importante. Coñecemos a súa traxectoria, o seu traballo e as súas achegas ao mundo da ciencia, valorando o papel fundamental das mulleres neste ámbito.
Montaxe realizada con canva.com
O día 27 de marzo tivemos a oportunidade de expoñer o noso traballo no salón de actos diante de todos os compañeiros e compañeiras do colexio. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que practicamos a expresión oral e compartimos todo o aprendido.

Obtido na canle de Youtube de Anabel García
Estamos moi orgullosos do noso traballo e de poder dar visibilidade ás mulleres científicas, que son un exemplo de esforzo e superación.

Seguimos aprendendo e descubrindo novos “tesouros”!

Ningún comentario:

Publicar un comentario