xoves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO (2026).

Imaxe de Александра en Pixabay.com
Hoxe, 23 de abril, celebramos na nosa clase o Día do Libro, unha xornada moi especial para fomentar o gusto pola lectura e compartir momentos únicos cos compañeiros e compañeiras.
Mergullámonos na lectura do conto “A foto perfecta”, unha historia que nos fixo reflexionar e tamén sorrir. Entre todos, fomos comentando as partes que máis nos gustaron e aprendemos o importante que é valorar os pequenos momentos.
Portada do libro
Despois, puxemos a nosa creatividade en marcha realizando uns fermosos marcapáxinas en forma de bolboreta. Seguimos o modelo de “Agujetas Maternales”, que nos pasou a profe Vero, e cada un fixo o seu cun toque persoal. Quedaron preciosos! Grazas, profe Vero!!!
Montaxe realizada con Canva.com
Tamén dedicamos un tempo a colorear carteis relacionados co Día do Libro, enchendo a aula de cores, mensaxes positivas e amor polos libros.
Para rematar, nada mellor que unhas boas risas. Déixovos estas imaxes sobre este día.
Imaxe de Noelia Martín de "Mi cole al día"
Viñeta de Luis Davila "O Bicheiro"
Viñeta de Andrés Faro
FELIZ DÍA. FELICES LECTURAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario