Imaxe de Open Clipart-Vectors en Pixabay.com
Alá a mediados de xaneiro realizamos unha plantación de fabas, garavanzos e lentellas.(Podedes recordalo aquí).O noso obxectivo era observar como medran as plantas en diferentes condicións.
Sementamos o día 15 e comezamos a ver algo 5 días despois nos recipentes regados. Agromaron as primeiras lentellas.
Seguimos observando e, ao longo do tempo, fomos descubrindo diferentes cousas.
- 15 de xaneiro: plantamos as sementes.
- 22 de xaneiro:comezamos a ver os primeiros brotes nas sementes regadas.
- 27 de xaneiro: as plantas regadas medraban máis rápido e estaban máis verdes.
- 2 de febreiro: as plantas sen auga aínda non agromaran.
- 6 de febreiro:as diferenzas eran moi claras entre unhas e outras.
- 10 de febreiro: as plantas regadas estaban fortes, mentres que as outras non chegaron a nacer. ( A terra estaba totalmente seca).
- 19 de febreiro: levamos para a casa as nosas plantas.

Grazas a esta experiencia, aprendemos que:
- As plantas necesitan auga para vivir e medrar.
- A luz e o coidado tamén son moi importantes.
Montaxes realizadas conCanva.com



Ningún comentario:
Publicar un comentario