Imaxe de Евгения en Pixabay
Seguindo co noso PDI: Tesouros Verdes de Galicia e dentro do Tema 3 de Ciencias da natureza na nosa clase de 1º realizamos unha actividade moi divertida e interesante: fixemos unha plantación en vasos de iogur reciclados.
Plantamos lentellas, fabas e garavanzos, aprendendo que das sementes poden nacer novas plantas. Para investigar mellor, usamos dous vasos con buratos en cada plantación:
-
Nun vaso regamos as sementes.
-
No outro non botamos auga.
Agora só nos queda esperar para comprobar que é o que pasa.
Montaxes realizadas con Canva.com

.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario