sábado, 17 de xaneiro de 2026

MERENDOLA COMPARTIDA.

Imaxe obtida en Freepik.es
Este venres o alumnado de 1º de Primaria gozamos dunha merenda compartida moi especial. Entre todos e todas trouxemos unha gran variedade de alimentos para compartir cos compañeiros e compañeiras: plátanos, mandarinas, fresas, galletas, bombóns, bica e mesmo chocolate quente no que metemos as froitas!
Foi un momento moi agradable no que, ademais de merendar, aprendemos a compartir, a convivir e a desfrutar xuntos dun tempo diferente na aula. As caras de ilusión e alegría foron as verdadeiras protagonistas da xornada.
Velaquí unha mosta.
Montaxe realizada con Canva.com
Queremos dar as grazas ás familias pola súa colaboración e implicación, que fixeron posible esta actividade tan enriquecedora para a nosa aula.
Seguimos aprendendo e compartindo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario