Imaxe de Alana Jordan en Pixabay.com
O pasado 21 de xaneiro celebramos na escola o Día Mundial do Abrazo, unha xornada moi especial chea de emocións, agarimo e moitos sorrisos.
Para comezar, contamos a historia "A fábrica de abrazos", que nos fixo reflexionar sobre a importancia dos abrazos, de sentirse queridos/as e da influencia das ideas nas emocións.
Despois, puxémonos mans á obra e debuxamos o noso abrazo favorito. Houbo abrazos de amigos, de familia, … todos diferentes, pero igual de especiais.
Presentación feita con Calmèo
Para rematar, realizamos unha actividade moi bonita: fixemos carteis ofrecendo abrazos e saímos a compartilos con aquelas persoas que os querían recibir. Foi unha experiencia moi emotiva, na que aprendemos que dar e recibir abrazos é unha forma sinxela de espallar cariño.
Montaxe realizada cn Canva.com


Ningún comentario:
Publicar un comentario