Imaxe obtida en Pixabay.com
Recén estreada a primavera comezan a agromar celebracións e datas importantes. Como todas estas son do día 21(e son hoxe, sábado sábado), nós xa empezamos onte no cole.
Sabedes por que levamos calcetíns desparellados?
O Día Mundial do Síndrome de Down axúdanos a lembrar que todas as persoas somos diferentes e especiais. Para mostrar o noso apoio, levamos calcetíns distintos. Cada par desparellado simboliza a diversidade e axúdanos a entender que ser diferente é algo bo.
Falamos na aula sobre o importante que é respectar, incluír e querer a todas as persoas, porque todos temos moito que aportar. Tamén vimos un vídeo que nos proporcionou a profe Eva de PT.
Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía. A poesía axúdanos a expresar sentimentos, xogar coas palabras e imaxinar mundos novos. Mellor exemplo, non hai!
O 21 de marzo tamén é o Día Internacional dos Bosques no que se homenaxea e conciencia sobre a importancia destes ecosistemas que nos ofrecen servizos vitais, como a auga e o solo, entre outros.
Obtido na canle de Youtube de Food and Agriculture Organization of the United Nations
FELIZ DÍA!!!

.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario