O pasado 24 de febreiro tivemos unha visita moi bonita no cole. A autora e música Susa Herrera veu compartir con nós o seu libro A moto de Rufino.
Nesta actividade participaron o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, e tamén estiveron convidadas as familias, que puideron gozar connosco dun momento moi divertido cheo de música e contos.
Susa contounos a historia de Rufino e a súa moto dun xeito moi ameno, facendo participar aos nenos e nenas e enchendo o salón de risas e ilusión. Ademais, non faltou a música: cantamos e movémonos ao ritmo de cancións moi coñecidas como "El cocodrilo" e "El cangrejo", que foron interpretadas por Susa xunto cos profes.
Foi unha experiencia estupenda na que mesturamos lectura, música e participación, e que nos deixou con moitas ganas de seguir lendo e cantando.
Imaxe da actuación


Ningún comentario:
Publicar un comentario