Imaxe de Almeida en Pixabay.com
A comezos do mes de maio, todo o alumnado de primeiro participou nunha actividade moi especial: a plantación de amorodos. Foi unha experiencia divertida e chea de aprendizaxes, na que todos colaboramos para coidar as nosas plantas.
A iniciativa veu da man do noso PDI: Tesouros Verdes de Galicia, que nos propuxo facer dita plantación a todo o cole. Fomos por quendas.
Primeiro, preparamos a terra nas nosas macetas e fixemos pequenos buratos para colocar as plantas de amorodo. Despois, plantámolas con moito coidado e regámolas para que puidesen medrar fortes e sans. Aprendemos que as plantas necesitan terra, auga, luz do sol e moita atención para dar os seus froitos.
Durante todo o mes estivemos observando os cambios que se producían cada día. Foi moi emocionante ver como as plantas medraban pouco a pouco.
A finais de maio chegou a mellor parte: os amorodos xa estaban maduros! Recollémolos con moita ilusión e tivemos a oportunidade de probalos. Estaban deliciosos! Ademais de aprender sobre o cultivo das plantas, puidemos gozar do sabor dun froito que nós mesmos axudamos a producir.
Montaxes realizadas con Canva.com
Esta actividade ensinounos a importancia do traballo en equipo, da paciencia e do respecto pola natureza. Sen dúbida, foi unha experiencia que recordaremos con moito cariño.



Una experiencia muy completa para disfrutar. Un besico
ResponderEliminarPues sí, Blanca. Lo que más les gusta es comer.
EliminarGracias por tu visita y comentario. Un biquiño.