Imaxe creada con Gemini
O pasado 7 de maio, o alumnado de primeiro ciclo participou nunha divertida xornada de deporte escolar no Campo de Fútbol Municipal de As Extremas. Ata alí achegáronse diferentes colexios da contorna para compartir unha mañá chea de xogos, movemento e moitas risas.
Durante a actividade puidemos participar en xogos tradicionais e populares que nos fixeron traballar en equipo, movernos sen parar e pasalo xenial. Xogamos á corda, á carreira de sacos, ao tres en raia xigante e tamén ao pano, un dos xogos que máis nos gustou porque tivemos que correr moi rápido e estar moi atentos.
Tamén probamos os zancos e a goma elástica, demostrando equilibrio, coordinación e moita enerxía.
Montaxe creada con Canva.com
Foi unha experiencia moi divertida na que, ademais de facer deporte, coñecemos nenos e nenas doutros centros e compartimos unha xornada de convivencia ao aire libre.
Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta actividade e xa estamos desexando repetir o próximo ano!

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario