sábado, 11 de abril de 2026

PDI: TESOUROS VERDES DE GALICIA (V).SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

Logo do Museo de Historia Natural
O pasado 25 de marzo, todo o alumnado do centro realizou unha saída moi interesante ao Museo de Historia Natural de Santiago. Foi unha xornada chea de aprendizaxes e descubrimentos, na que tivemos a oportunidade de coñecer máis de preto o mundo natural.
Fachada do mhn
Preme na imaxe se queres saber máis sobre o museo.

Durante a visita, observamos diferentes coleccións de animais, plantas e minerais, e aprendemos moitas curiosidades sobre a biodiversidade e o medio ambiente. O alumnado amosou moito interese e participou activamente, facendo preguntas e compartindo o que xa sabía.
Montaxe realizada con Canva.com
Ao rematar a visita, desprazámonos a un parque próximo, onde merendamos todos xuntos e desfrutamos dun tempo de xogo ao aire libre. Foi un momento perfecto para relaxarnos, convivir e compartir experiencias cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Sen dúbida, foi un día moi completo, no que combinamos aprendizaxe e diversión. Gardaremos un fermoso recordo desta saída!

Ningún comentario:

Publicar un comentario