Imaxe de SweetMellowChill en Pixabay.com
O pasado 20 de marzo tivemos a sorte de recibir no noso centro a Alouette Machine, unha imprenta nómade que percorre escolas achegando ao alumnado o marabilloso mundo da impresión artesanal.
Para saber máis sobre esta iniciativa clica na imaxe.
Cris e Janba foron as persoas encargadas de guiar esta experiencia tan especial. Ao longo da xornada, organizaron distintos obradoiros adaptados aos diferentes ciclos, nos que o alumnado puido descubrir como funciona unha imprenta, experimentar con tipos móbiles e crear as súas propias composicións impresas.
Esta actividade estivo vinculada ao noso Proxecto Documental Integrado (PDI), titulado “Tesouros verdes de Galicia”. Aproveitando esta temática, os nenos e nenas elaboraron lemas e carteis relacionados coas plantas, destacando a importancia da natureza e do coidado da nosa contorna.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que se combinaron creatividade, aprendizaxe e traballo en equipo. Ademais de coñecer unha técnica tradicional como é a impresión, o alumnado puido expresarse de forma artística e reflexionar sobre a riqueza natural de Galicia.
Montaxes realizadas con Canva.com
Queremos agradecer a Cris e a Janba a súa visita e a súa dedicación, así como por achegarnos unha actividade tan orixinal e motivadora.
Agardamos poder repetir esta experiencia no futuro!


.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario