Imaxe de Taras Yasinski en Pixabay.com
Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día da Muller, no noso cole tivemos a sorte de recibir unha fantástica visita: Carmen Fernández, unha panadeira que acaba de xubilarse tras moitos anos de traballo na panadaría Rivela.
Carmen, coñecida de todos/as, veu acompañada da súa filla e compartiu con todo o alumnado a súa experiencia de vida e traballo. Primeiro, participou nunha entrevista na radio do cole, onde nos contou como era o seu día a día na panadaría, canto esforzo require este oficio e o orgullosa que se sente do seu traballo ao longo dos anos.
Despois, reunímonos no salón de actos para un coloquio moi interesante. Alí, Carmen respondeu ás preguntas dos nenos e nenas, que estaban moi curiosos por saber como se fai o pan, a que hora empezaba a traballar ou cal era a súa parte favorita do oficio. Foi unha oportunidade estupenda para aprender sobre unha profesión tradicional e valorar o traballo das mulleres ao longo da historia.
Para rematar a súa visita, interpretamos a cantiga de Migallas "Pan de Millo" e degustamos uns anacos deste manxae e Carmen sorprendeunos cun detalle moi doce: trouxo lambetadas para todos os nenos e nenas, que recibimos con moita ilusión.
Montaxe realizada con Canva.com
Queremos darlle as grazas a Carmen pola súa visita, pola súa amabilidade e por compartir con nós unha parte tan importante da súa vida. Sen dúbida, foi unha xornada moi especial que non esqueceremos!

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario